Anthony Randolph

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anthony Randolph
Real Madrid  – No. 3
Información persoal
Nacemento 15 de xullo de 1989 (34 anos)
Würzburg, R.F. Alemaña
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Eslovenia Eslovenia
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga Liga ACB
Información da carreira
Instituto Woodrow Wilson (Dallas, Texas)
Universidade LSU (2007–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 14
Por Golden State Warriors
Carreira 2008−presente
Historial de equipos
Golden State Warriors (2008–2010)
New York Knicks (2010–2011)
Minnesota Timberwolves (2011–2012)
Denver Nuggets (2012–2014)
Lokomotiv Kuban (2014–2016)
Real Madrid (2016–presente)

Anthony Erwin Randolph, Jr., nado o 15 de xullo de 1989 en Wurzbach, Alemaña do Oeste, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Real Madrid da Liga ACB.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Randolph foi seleccionado na 14ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Golden State Warriors, onde xogou durante dúas tempadas.

O 9 de xullo de 2010, foi traspasado aos New York Knicks xunto a Kelenna Azubuike, Ronny Turiaf, e unha elección de segunda rolda do Draft, a cambio de David Lee.[1]

O 22 de febreiro de 2011, Randolph foi traspasado aos Minnesota Timberwolves nunha operación entre tres equipos, que mandou a Carmelo Anthony dos Denver Nuggets aos New York Knicks.[2] No seu primeiro partido coma titular do ano o 24 de marzo, conseguiu a mellor anotación da súa carreira con 31 puntos, e capturou 13 rebotes.

O 20 de xullo de 2012, Randolph asinou un contrato cos Denver Nuggets.[3]

O 26 de xuño de 2014, foi traspasado ós Chicago Bulls xunto a Doug McDermott, a cambio de Gary Harris, Jusuf Nurkić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2015.[4] O 14 de xullo de 2014, foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións de segunda rolda do Draft ós Orlando Magic, a cambio dos dereitos de Milovan Raković.[5] Ó día seguinte, foi cortado polos Magic.[6]

O 18 de agosto de 2014, Randolph asinou un contrato dun ano co PBC Lokomotiv Kuban ruso.[7]

O 15 de xullo de 2016, asinou un contrato por unha tempada co Real Madrid da Liga ACB.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Knicks Acquire Randolph, Azubuike & Turiaf". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 9 de xullo de 2010. Consultado o 9 de xullo de 2010. 
  2. "Wolves Acquire Anthony Randolph". NBA.com. 2011-02-22. Consultado o 2011-02-23. 
  3. "Denver Nuggets sign free-agent F Anthony Randolph". NBA.com (Turner Sports Interactive, Inc.). 20 de xullo de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2012. 
  4. BULLS ACQUIRE MCDERMOTT VIA DRAFT NIGHT TRADE
  5. Orlando Acquires Two Second Round Picks From Chicago
  6. "Magic waive Anthony Randolph". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2014. Consultado o 08 de decembro de 2014. 
  7. "Lokomotiv Kuban adds big man Randolph". Eurocupbasketball.com. 18 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 18 de agosto de 2014. 
  8. "Anthony Randolph, talento interior para el Real Madrid". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]