Courtney Lee
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 3 de outubro de 1985 (38 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Pike, Indianápolis |
Universidade | Western Kentucky (2004–2008) |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 22 Por Orlando Magic |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Orlando Magic (2008–2009) New Jersey Nets (2009–2010) Houston Rockets (2010–2012) Boston Celtics (2012–2014) Memphis Grizzlies (2014–2016) Charlotte Hornets (2016) New York Knicks (2016–2019) → Westchester Knicks (2018) Dallas Mavericks (2019–2020) |
Courtney Lee, nado o 3 de outubro de 1985 en Indianápolis, Indiana, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 1,96 metros de altura, e xoga na posición de escolta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Xogou durante catro tempadas cos Hilltoppers da Western Kentucky, sendo titular en todos os partidos que disputou. Foi elixido en tres ocasións no mellor quinteto da Sun Belt Conference, e na súa tempada sénior, tras acadar 20,4 puntos, a segunda mellor marca da conferencia e no posto 28 da nación, levou ao seu equipo a disputar os oitavos de final do Torneo da NCAA, conseguindo o premio de mellor xogador da conferencia.[1]
No total da súa traxectoria universitaria acadou 17,6 puntos e 5,2 rebotes por partido.[2] Licenciouse en socioloxía e criminoloxía.
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi elixido na 22ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Orlando Magic, equipo co cal asinou contrato a principios do mes de xullo de 2008. Na súa primeira tempada coma novato cos Magic foi campión da conferencia leste e alcanzou as finais da NBA contra os Lakers perdendo nesa serie por 4-1.
O 25 de xuño de 2009 foi traspasado xunto con Rafer Alston e Tony Battie aos New Jersey Nets a cambio de Vince Carter.[3] Con todo, pouco máis dun ano despois, o 11 de agosto de 2010, foi traspasado aos Houston Rockets, nun traspaso entre catro equipos que mandou a Trevor Ariza ós New Orleans Hornets.[4] Foi presentado oficialmente polos Rockets o 18 de agosto de 2010.
O 20 de xullo de 2012, Lee foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Portland Trail Blazers, os Houston Rockets e os propios Celtics.[5] Lee asinou un contrato por 4 anos con Boston.
O 7 de xaneiro de 2014, os Celtics completaron un traspaso con outros dous equipos, os Memphis Grizzlies e os Oklahoma City Thunder. Boston traspasou a Lee e unha elección de segunda rolda do Draft de 2016 a Memphis a cambio de Jerryd Bayless dos Grizzlies, e Ryan Gomes dos Thunder.[6]
O 31 de xaneiro de 2019, Lee foi traspasado xunto a Kristaps Porziņģis, Trey Burke e Tim Hardaway Jr. ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[7] Tras convertirse en axente libre en 2020, Lee asinou de novo cos Mavericks o 11 de decembro de 2020,[8] pero foi cortado antes de comezar a tempada.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Magic Sign First-Round Pick Courtney Lee". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2009. Consultado o 11 de outubro de 2009.
- ↑ Ficha de Lee en TDR
- ↑ Carter traded to hometown Magic
- ↑ "Pacers get Collison from Hornets in 4-team trade". NBA.com. 11 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2010.
- ↑ "Celtics Acquire Lee". NBA.com. 20 de xullo de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2012.
- ↑ "Grizzlies acquire Courtney Lee and 2016 second round Draft pick in three team trade". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 7 de xaneiro de 2014. Consultado o 8 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Mavericks acquire All-Star Kristaps Porzingis, Tim Hardaway Jr., Courtney Lee, and Trey Burke in trade with Knicks". Mavs.com. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Mavericks sign Courtney Lee, set for preseason opener". mavs.com. Consultado o 11 de decembro de 2020.
- ↑ "Mavericks briefs: These players are ‘dumb and dumber,’ plus roster is set". mavs.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 22 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en Indianápolis, Indiana
- Nados en 1985
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Memphis Grizzlies
- Xogadores dos Charlotte Hornets
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Dallas Mavericks