Henry Walker
Shiga Lakestars – No. 12 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1987 (35 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Posición | Ala / Escolta |
Liga | B.League |
Información da carreira | |
Instituto | Rose Hill Christian (Ashland, Kentucky) North College Hill (North College Hill, Ohio) |
Universidade | Kansas State (2006–2008) |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 2 / Elección: 47 Por Washington Wizards |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (2008–2010) →Utah Flash (2008–2009) →Maine Red Claws (2009) New York Knicks (2010–2012) Austin Toros (2013) Trotamundos de Carabobo (2013) Sioux Falls Skyforce (2013–2014) Alaska Aces (2014) Sioux Falls Skyforce (2014–2015) Miami Heat (2015) Cedevita (2015–2016) NLEX Road Warriors (2016) Sioux Falls Skyforce (2016–2017) Blackwater Elite (2017) Galatasaray (2018) Defensor Sporting (2018) Blackwater Elite (2018) Shiga Lakestars (2019–presente) |
William Henry Walker, nado o 9 de outubro de 1987 en Huntington, Virxinia Occidental, e anteriormente coñecido coma Bill Walker, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Shiga Lakestars da B.League. Mide 1,98 metros de altura e xoga na posición de ala.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Instituto[editar | editar a fonte]
Walker estudou durante tres anos na North College Hill High School, sendo en todos eles titular no seu equipo, e considerado coma un dos dez mellores escolares do país.[1] Nese período conseguiu varios galardóns, coma aparecer no segundo equipo All-America da revista PARADE en 2006,[2] no mellor quinteto dese ano entre os xogadores de instituto para EA Sports,[3] ou no mellor quinteto do estado de Ohio elixido polos adestradores,[4] entre outros galardóns.
Universidade[editar | editar a fonte]
Tras espertar a interese de moitas universidades de primeiro nivel da División I da NCAA, coma Cincinnati, Connecticut, Illinois, Syracuse, Southern California e Texas, Walker finalmente matriculouse na Universidade de Kansas State coma estudante a tempo parcial para poder competir a partir do 16 de decembro, cando comezaba o segundo semestre.[4] Apenas puido disputar seis partidos no seu ano coma novato, xa que en xaneiro de 2007 sufriu a rotura do ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda nun partido ante Texas A&M, da cal tivo que ser operado, perdéndose o resto da tempada.[5] Promediou 11,3 puntos e 4,5 rebotes, gañando en dúas ocasións o premio de rookie da semana e finalmente incluído no mellor quinteto de novatos da Big 12 Conference.[6]
Na tempada 2007-08, Walker promediou 16,1 puntos e 6,3 rebotes en 31 partidos disputados. Igualou a súa mellor marca anotadora nun partido o 23 de febreiro de 2008 ante Baylor, anotando 31 puntos e capturando 11 rebotes, que sumados aos do seu compañeiro de equipo Michael Beasley conseguiron 75 dos 86 puntos dos Jayhawks.[7] No total da súa traxectoria universitaria promediou 14,9 puntos e 5,9 rebotes por partido.[8]
O 14 de abril anunciou, xunto ao seu compañeiro Michael Beasley a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.[9]
Estatísticas[editar | editar a fonte]
Tempada | P | PT | TCC | TCI | %TC | TLC | TLC | %TL | 3PC | 3PI | %T3 | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS | MEDIA |
2006-07 | 6 | 5 | 26 | 65 | .400 | 16 | 24 | .667 | 0 | 9 | .000 | 27 | 5 | 4 | 0 | 68 | 11.3 |
2007-08 | 31 | 28 | 181 | 389 | .465 | 101 | 137 | .737 | 35 | 114 | .307 | 196 | 59 | 27 | 17 | 498 | 16.1 |
Totals | 37 | 33 | 207 | 454 | .456 | 117 | 161 | .727 | 35 | 123 | .285 | 223 | 64 | 31 | 17 | 566 | 15.3 |
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi elixido na 47ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Washington Wizards, quen pouco despois traspasarían os seus dereitos aos Boston Celtics.[10] O 22 de agosto asinou o contrato con este equipo, onde levaría o dorsal 12 na súa camiseta.[11]
O 18 de febreiro de 2010 foi traspasado aos New York Knicks xunto con J.R. Giddens e Eddie House a cambio de Nate Robinson e Marcus Landry. Foi cortado polos Knicks o 20 de abril de 2012.[12]
O 21 de febreiro de 2015, asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.[13]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ scout.com ScoutHoops.com - 2007 College Basketball Recruiting, consultado agosto de 2008
- ↑ parade.com PARADE Magazine All-America Teams 2006 Arquivado 29 de decembro de 2008 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
- ↑ rivals.com StudentSportsBasketball.com - 2006 EA SPORTS Boys All American Team, consultado agosto de 2008
- ↑ 4,0 4,1 "Walker eligible to compete for K-State mid-year". The Collegian (en inglés). 2006-11-03. Consultado o 2021-02-24.
- ↑ ESPN.com Walker's season comes to an end with ruptured ACL, consultado agosto de 2008
- ↑ NBA.com Bill Walker Prospect Profile Arquivado 02 de decembro de 2009 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
- ↑ ESPN.com Kansas State vs. Baylor - Box Score - February 23, 2008, consultado agosto de 2008
- ↑ thedraftreview.com Ficha de Walker en TDR, consultado agosto de 2008
- ↑ Howard Richman, Beasley, Walker declare for NBA draft, The Kansas City Star, consultado agosto de 2008
- ↑ boston.com Taking a shot with J.R., consultado agosto de 2008
- ↑ boston.com Celtics sign Bill Walker, consultado agosto de 2008
- ↑ "Amare back, Gadzuric added". ESPN.com. 2012-04-20. Consultado o 2012-04-20.
- ↑ "HEAT Signs Henry Walker". NBA.com. 21 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 23 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1987
- Nados en Virxinia Occidental
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Miami Heat
- Xogadores do KK Cedevita
- Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto)