Semih Erden
![]() | |
İstanbul BŞB – No. 9 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1986 (36 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Posición | Pivote |
Liga | Türkiye Basketbol Ligi |
Información da carreira | |
Pre-draft club | Fenerbahçe Ülker |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 2 / Elección: 60 Por Boston Celtics |
Carreira | dende 2003 |
Historial de equipos | |
Darüşşafaka (2003–2004) Partizan (2004–2005) Fenerbahçe (2005–2010) Boston Celtics (2010–2011) Cleveland Cavaliers (2011–2012) Beşiktaş (2011) Anadolu Efes (2012–2014) Fenerbahçe (2014–2015) Darüşşafaka (2015–2017) Hacettepe Üniversitesi (2017) Beşiktaş (2017–2018) İstanbul BŞB (2018–presente) |
Semih Erden, nado o 28 de xullo de 1986 en Istambul, é un xogador profesional de baloncesto turco que xoga no İstanbul BŞB da Türkiye Basketbol Ligi. Mide 2,13 metros e xoga de pivote.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Europa[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira profesional no Darüşşafaka en 2003, con 17 anos,[1] pertencendo ao equipo júnior. Chegou a debutar co primeiro equipo disputando tres minutos ante o Tofaş Bursa, anotando un punto e capturando dous rebotes. Ao ano seguinte fichou co KK Partizan, cos que disputou a Naša Sinalko Liga (liga serbia), onde proclamou campión; a Euroliga, onde xogou 10 partidos promediando 3,0 puntos e 2,3 rebotes; e a liga do Adriático, onde a súa mellor actuación produciuse ante o KK Hemofarm, anotando 17 puntos e collendo 7 rebotes.
En 2005 regresa ao seu país, fichando polo Fenerbahçe, onde fai 6,7 puntos e 5,4 rebotes por partido na liga turca, tendo a súa mellor actuación ante o Galatasaray, onde consegue un dobre-dobre, con 13 puntos e 18 rebotes.[2] Ao ano seguinte gaña o seu primeiro título de campión da liga turca, axudando ao equipo con 5,9 puntos e 3,4 rebotes por partido. Na Euroliga disputa 8 partidos, nos que fai 4,5 puntos e 3,1 rebotes de media.
En 2008 gaña a súa segunda liga turca, tendo unha grande actuación nas finais ante Turk Telekom, facendo nos 5 partidos 9,2 puntos e 5,4 rebotes. Na Euroliga disputa 15 partidos, nos que faia 6,7 puntos e 4,0 rebotes. En 2009 as súas estatísticas na liga turca son de 8,8 puntos e 4,3 rebotes, conseguindo a súa mellor anotación ante o Aliaga Petkim, con 18 puntos. Na Euroliga disputa 12 partidos, nos que fai 6,6 puntos e 4,0 rebotes. Na súa última tempada na liga de Turquía, en 2010 faría 8,7 puntos e 5,4 rebotes, logrando o seu punto número 1.000 na devandita competición o 19 de decembro de 2009.[3]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Debutou coa selección turca en competición oficial nos Mundiais de 2006 celebrados no Xapón, onde promedió 2,2 puntos e 2,3 rebotes por partido. en 2009 participou no Campionato de Europa celebrados en Polonia, onde foron eliminados por Grecia en cuartos de final. E en 2010 formou parte do equipo que logrou a medalla de prata no Campionato do Mundo celebrado no seu país.
NBA[editar | editar a fonte]
Foi elixido na sesaxésima posición do Draft da NBA de 2008 por Boston Celtics, mais como o xogador tiña aínda contrato co Fenerbahçe quedou no seu país. O 5 de xullo de 2010 asina finalmente cos de Massachussets, un contrato garantido por unha tempada e con opción a unha segunda. Nos seus seis primeiros encontros de pretempada fico unha media de 6,0 puntos e 4,2 rebotes.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Estatísticas de Erden en Darüşşafaka
- ↑ "Semih Erden 2005-2006 Season Game Log". Consultado o 26 de outubro de 2010.
- ↑ "Semih Erden 2009-2010 Season Game Log". Consultado o 26 de outubro de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en Euroleague.net (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 25 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1986
- Nados en Istambul
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto de Turquía
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics
- Xogadores do Darüşşafaka SK
- Xogadores do KK Partizan
- Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto)
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores do Beşiktaş JK (baloncesto)
- Xogadores do Anadolu Efes SK