Ryan Anderson
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (en) Ryan James Anderson 6 de maio de 1988 Sacramento | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Residencia | Sacramento | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | Oak Ridge High School (en) Universidade de California, Berkeley | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 106 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Ala e Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Convocado por | Brooklyn Nets | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cónxuxe | Kari Klinkenborg (2017–) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ryan James Anderson, nado o 6 de maio de 1988 en Sacramento (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 2,08 metros de alzada xoga na posición de ala-pivote.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Procedente do Instituto Oak Ridge, Anderson xogou dúas tempadas na Universidade de California. No seu primeiro ano liderou aos Golden Bears en anotación (16,3 puntos por partido) e en rebotes (8,2), finalizando quinto en ambas as categorías na Pacific Ten Conference, logrando ademais a marca de máis rebotes capturados por un "freshman" na historia da universidade con 269. Os Golden Bears chegaron até as semifinais do torneo da Pac-10 de 2007, caendo eliminado ante Oregon a pesar dos 17 puntos e 12 rebotes de Anderson. Previamente, na primeira rolda, desfixéronse de Oregon State cun gran Anderson, asinando 27 puntos e 15 rebotes.[1]
Na súa segunda tempada en California, os seus números ascenderon até os 21,1 puntos, liderando a conferencia e finalizando décimo oitavo na nación, e 9,9 rebotes, terceiro na Pac-10. Os seus 697 puntos foi a segunda mellor marca anotadora na historia dos Golden Bears, converténdose ademais no primeiro xogador de California en conseguir polo menos 600 puntos e 300 rebotes. Anotou en dobres figuras nos 33 partidos que disputou, anotando 20 ou máis puntos en 18 ocasións e chegando á marca de 30 puntos en catro partidos. Debido a que California non se clasificou para o torneo da NCAA, Anderson foi peza clave para entrar na National Invitation Tournament, onde caeron en segunda rolda ante Ohio State.
Anderson foi nomeado no segundo equipo All-America e foi elixido no mellor quinteto da conferencia. Deixou os Golden Bears como o 16ª máximo anotador da historia de California con 1.236 puntos e foi o primeiro sophomore en superar a barreira de 1.000 puntos. Tamén finalizou noveno en triplas anotados (122) e terceiro en porcentaxe de tiros libres (84,1).[1]
NBA
[editar | editar a fonte]Anderson foi seleccionado por New Jersey Nets na vixésimo primeira posición do Draft da NBA de 2008, equipo co que asinou contrato en xullo de 2008 por dúas tempadas, a razón de 1 millón de dólares a primeira campaña e 1,1 a segunda, ampliable a dous anos máis.[2]
O 25 de xuño de 2009 foi traspasado xunto con Vince Carter a Orlando Magic a cambio de Rafer Alston, Tony Battie e Courtney Lee.[3] Anderson comezou a tempada 2009-10 coma titular, en lugar do sancionado Rashard Lewis.
Na tempada 2011-12, foi premiado co galardón ao Xogador máis mellorado da NBA.
O 6 de febreiro de 2019, Anderson foi traspasado ós Miami Heat a cambio de Tyler Johnson e Wayne Ellington.[4] O 6 de xullo de 2019, foi cortado polos Heat.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Ryan Anderson Prospect Profile". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2009. Consultado o 13 de abril de 2010.
- ↑ "Nets sign first-round draft picks Brook Lopez and Ryan Anderson". Arquivado dende o orixinal o 31/10/2008. Consultado o 13/04/2010.
- ↑ Carter traded to hometown Magic
- ↑ Suns acquire Tyler Johnson, Wayne Ellington from Heat
- ↑ Heat waives Ryan Anderson
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Ryan Anderson Arquivado 04 de decembro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1988
- Nados en Sacramento
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos New Jersey Nets
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos New Orleans Hornets
- Xogadores dos New Orleans Pelicans
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Miami Heat