DeAndre Jordan
![]() | |
Denver Nuggets – No. 6 | |
Posición | Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 21 de xullo de 1988 (34 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 120 kg (265 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Christian Life Center Academy (Humble, Texas) |
Universidade | Texas A&M (2007–2008) |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 2 / Elección: 35 Por Los Angeles Clippers |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Los Angeles Clippers (2008–2018) Dallas Mavericks (2018–2019) New York Knicks (2019) Brooklyn Nets (2019–2021) Los Angeles Lakers (2021–2022) Philadelphia 76ers (2022) Denver Nuggets (2022–presente) |
Hyland DeAndre Jordan, Jr., nado o 21 de xullo de 1988 en Houston, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA). Con 2,11 metros de estatura xoga na posición de pivote.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Jordan foi elixido na 35ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Los Angeles Clippers. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 19 de xaneiro de 2009 contra os Minnesota Timberwolves, onde fixo 8 puntos, 10 rebotes e 6 tapóns en 34 minutos de xogo.
O 11 de decembro de 2011, Jordan asinou unha oferta dos Golden State Warriors por 4 anos e 43 millóns de dólares.[1] Porén, os Clippers decidiron igualar a oferta un día despois e quedar con Jordan.[2]
Na tempada 2013-14, foi o máximo reboteador da liga con 13.6 rebotes por encontro, ademais de ser tamén o líder en porcentaxe de tiros de campo, cun 67.6 de tiros anotados.
O 31 de xaneiro de 2019, Jordan foi traspasado xunto a Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft ós New York Knicks, a cambio de Kristaps Porziņģis, Trey Burke, Courtney Lee e Tim Hardaway Jr..[3]
O 6 de xullo de 2019, Jordan asinou cos Brooklyn Nets.[4] O 3 de setembro de 2021, Jordan foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Sekou Doumbouya e Jahlil Okafor,[5] e foi cortado polos Pistons o 7 de setembro de 2021.
O 9 de setembro de 2021, Jordan asinou cos Los Angeles Lakers.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Warriors Sign Center DeAndre Jordan To Offer Sheet". NBA.com. 11 de decembro de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2011.
- ↑ "CLIPPERS MATCH OFFER SHEET, RE-SIGN DEANDRE JORDAN". NBA.com. 12 de decembro de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2011.
- ↑ "Mavericks acquire All-Star Kristaps Porzingis, Tim Hardaway Jr., Courtney Lee, and Trey Burke in trade with Knicks". Mavs.com. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Brooklyn Nets sign DeAndre Jordan". NBA.com. 6 de xullo de 2019.
- ↑ "Brooklyn Nets Complete Trade With Detroit Pistons". NBA.com. 4 de setembro de 2021. Consultado o 4 de setembro de 2021.
- ↑ "Lakers Sign DeAndre Jordan". NBA.com. 9 de setembro de 2021. Consultado o 9 de setembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 12 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1988
- Nados en Houston, Texas
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Brooklyn Nets
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos en baloncesto