Nikola Peković
![]() | |
Posición | Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 3 de xaneiro de 1986 (37 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 131.5 kg (290 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 2 / Elección: 31 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | 2003–2017 |
Historial de equipos | |
Atlas (2004–2005) Partizan (2005–2008) Panathinaikos (2008–2010) Minnesota Timberwolves (2010–2017) Partizan (2011) |
Nikola Peković (cirílico: Никола Пековић), nado en Bijelo Polje o 3 de xaneiro de 1986, é un ex xogador de baloncesto montenegrino.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa carreira deportiva comezou en 2001 na categoría xuvenil do KK Budućnost Podgorica, en 2002 mudou para o KK Atlas, co que estivo tres tempadas ata que no verán de 2005 marchou para o KK Partizan de Belgrado, co Partizan gañou tres títulos da Liga serbia (2006, 2007, 2008), dous títulos da Liga Adriática (2007, 2008) e a Copa Serbia de 2008.
No verán de 2008 deixou o Partizan para asinar polo KAE Panathinaikos grego durante tres tempadas, cobrando catro millóns de € por tempada. Xa na súa primeira tempada no Panathinaikos gañou a Euroliga 2008-09, gañando na final ó CSKA de Moscova.
Despois da disolución de Serbia e Montenegro ofrecéronlle xogar na Selección nacional de baloncesto de Serbia pero el preferiu xogar na Selección nacional de baloncesto de Montenegro.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)