Avery Bradley
![]() | |
Miami Heat – No. 11 | |
Escolta | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1990 (30 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 82 kg (180 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Bellarmine Prep (Tacoma, Washington) Findlay College Prep (Henderson, Nevada) |
Universidade | Texas (2009–2010) |
NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 19
Por Boston Celtics |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (2010–2017) → Maine Red Claws (2011) Hapoel Jerusalem BC (2011) Detroit Pistons (2017–2018) Los Angeles Clippers (2018–2019) Memphis Grizzlies (2019) Los Angeles Lakers (2019–2020) Miami Heat (2020–presente) | |
Información en nba.com |
Avery Antonio Bradley Jr., nado o 26 de novembro de 1990 en Tacoma, Washington, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Instituto[editar | editar a fonte]
Bradley foi incluído como un dos mellores xogadores de instituto da nación da clase de 2009, no primeiro posto por ESPNU100,[1] no cuarto por Rivals.com,[2] e no quinto por Scout.com.[3] Bradley liderou ao Findlay College Prep ao campionato nacional de instituto ao derrotar na final á Oak Hill Academy por 56-53. Bradley xogou o McDonald's All-American Game de 2009 e gañou o concurso de mates do evento. Antes de ser trasladado ao Findlay Prep no seu segundo ano, Bradley asistiu durante tres anos ao Bellarmine Preparatory School, e xunto con Abdul Gaddy, liderou ao Bellarmine Prep á terceira praza no torneo estatal 4A WIAA.
Universidade[editar | editar a fonte]
Bradley asistiu á Universidade de Texas en Austin.[4] Na súa única tempada, Bradley disputou os 34 partidos da tempada e fixo 11,6 puntos por partido.[5] Foi nomeado no mellor equipo de novatos do oeste da NCAA.
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi seleccionado na 19ª posición do Draft da NBA de 2010 por Boston Celtics, e o 2 de xullo de 2010 asinou o contrato de novato co equipo.[6]
En 2011, durante o lockout da NBA, xogou no Hapoel Jerusalem BC.[7] Volveu aos Celtics unha vez rematado o lockout.
O 7 de xullo de 2017, Bradley foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2019 ós Detroit Pistons, a cambio de Marcus Morris.[8]
O 29 de xaneiro de 2018, Bradley foi traspasado ós Los Angeles Clippers xunto a Boban Marjanović, Tobias Harris e dúas futuras eleccións do Draft, a cambio de Blake Griffin, Willie Reed e Brice Johnson.[9]
O 7 de febreiro de 2019, Bradley foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio de JaMychal Green e Garrett Temple.[10] O 6 de xullo de 2019, Bradley foi cortado polos Grizzlies.[11]
O 8 de xullo de 2019, Bradley asinou cos Los Angeles Lakers.[12]
O 23 de novembro de 2020, Bradley asinou cos Miami Heat.[13]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Bradley #1 by ESPNU
- ↑ Bradley #4 by Rivals
- ↑ Bradley #5 by Scout
- ↑ TCU men sign Maverick's brother; Texas among top classes[Ligazón morta]
- ↑ Avery Bradley statistics on ESPN.com
- ↑ Bradley signs, has surgery
- ↑ Avery Bradley joins to Hapoel Jerusalem
- ↑ "Detroit Pistons Acquire Guard Avery Bradley And 2019 Second Round Draft Pick From Boston Celtics". NBA.com. 7 de xullo de 2017. Consultado o 7 de xullo de 2017.
- ↑ "Press Release: L.A. Clippers Acquire Harris, Bradley, Marjanović, First & Second-Round Picks". NBA.com. 29 de xaneiro de 2018. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Memphis Grizzlies acquire Avery Bradley from Los Angeles Clippers". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ Grizzlies waive Avery Bradley
- ↑ "Lakers Sign Avery Bradley". NBA.com. 8 de xullo de 2019. Consultado o 9 de xullo de 2019.
- ↑ "Avery Bradley Signs With HEAT". NBA.com. 23 de novembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1990
- Nados en Tacoma, Washington
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores do Hapoel Jerusalem BC
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Memphis Grizzlies
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Miami Heat