Mario Chalmers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mario Chalmers
Miami Heat – No. 15
Posición Base
Información persoal
Nacemento 19 de maio de 1986 (37 anos)
Alaska Anchorage (Alasca)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Instituto Bartlett, Anchorage
Universidade Kansas (2005–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 34
Por Minnesota Timberwolves
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Miami Heat (2008−2015)
Memphis Grizzlies (2015−2016, 2017–2018)
Virtus Bologna (2019)
AEK Atenas (2019−2020)
Aris Tesalónica (2020−2021)
Indios de Mayagüez (2021)
Grand Rapids Gold (2021)
Miami Heat (2021−presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2012, 2013)

Almario Vernard "Mario" Chalmers, nado o 19 de maio de 1986 en Anchorage (Alasca), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Mide 1,88 metros de altura, e xoga na posición de base. Foi campión da NCAA e elixido Mellor xogador da Final Four en 2008, antes de dar o salto á liga profesional.

Universidade[editar | editar a fonte]

Antes de entrar na universidade, Chalmers estaba considerado coma o mellor base de instituto do ano. Estivo ata o último intre para elixir universidade, dubidando entre Arizona e Kansas, decidíndose por esta última. Comezou a súa tempada de novato no banco, pero pouco a pouco foi facéndose un oco no quinteto titular, aparecendo no mesmo en 21 dos últimos 22 partidos da tempada. Rematou o ano coma segundo máximo anotador do equipo, con 11,5 puntos por partido, e establecendo un récord da Big 12 Conference de maior número de roubos de balón nunha tempada por un freshman, con 89.[1] Foi ademais elixido coma xogador máis destacado do Campionato da Big 12, facendo 16 puntos, 4,3 rebotes e 5,3 asistencias no camiño de Kansas cara ao título de conferencia. Recibiu o Premio Clyde Lovellette da Universidade de Kansas xunto con Julian Wright ao xogador máis mellorado da tempada.[2]

Na súa segunda tempada foi titular en 37 dos 38 partidos disputados polo seu equipo. Volveu amosarse coma un gran xogador defensivo, rachando o récord dos Jayhawks de roubos de balón nunha tempada, con 97. Foi incluído no terceiro mellor equipo da Big 12, e no mellor quinteto defensivo. Fixo 12,2 puntos e 3,3 asistencias por partido.

Na súa tempada júnior fixo 12,8 puntos e 4,3 asistencias, segundo neste apartado da súa conferencia. Chegou xunto co seu equipo á Final da NCAA, na que se enfrontaron á Universidade de Memphis, na cal tivo unha grande actuación, conseguindo 18 puntos, 4 roubos de balón, 3 rebotes e 3 asistencias.[3] Foi ademais o autor dunha tripla a falta de 2,1 segundos do final que empataba o partido e o levaba á prórroga, no cal rematarían impoñéndose os Jayhawks aos Tigers por 75-68.[4] Foi elixido Mellor xogador da Final Four da NCAA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 12,2 puntos, 3,8 asistencias e 2,8 rebotes por partido.[5]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

TEMPADA P MIN PTS REB ASIS PER A/P ROUB
2005-2006 33 26.0 11.5 2.2 3.8 2.8 1.37 2.7
2006-2007 38 29.2 12.2 3.0 3.3 2.4 1.36 2.6
2007-2008 39 30.0 12.8 3.1 4.3 1.9 2.25 2.5

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2008 polos Minnesota Timberwolves, no posto 34º, pero Miami Heat fíxose cos seus dereitos pagando a cambio aos T-Wolves 2 millóns de dólares e dúas futuras segundas roldas do draft. A primeiros de xullo de 2008 asinou o contrato co club de Florida por dúas tempadas, ampliable a unha terceira.[6]

Tempada 2008-09[editar | editar a fonte]

Chalmers xogou de inicio os 82 partidos da ligar regular no seu ano coma rookie[7] e rematou a tempada con 10.0 puntos, 4.9 asistencias, 2.8 rebotes e 1.95 roubos de balón en 32.0 minutos de xogo.[8] Os seus 1.95 roubos por partido fixéronlle ser o líder de roubos dos rookies, e o cuarto de entre todos os xogadores.

O 5 de novembro de 2008, Chalmers fixo un récord para os Miami Heat ao conseguir 9 roubos no seu cuarto partido na NBA.[9]

Tempada 2009-10[editar | editar a fonte]

Chalmers xogou todos os partidos ata o 31 de xaneiro contra os Milwaukee Bucks. Foi o primeiro partido que se perdeu nos seus dous anos de carreira. Fixo 7.1 puntos e 3.4 asistencias por partidos. O 31 de xaneiro de 2010, Chalmers lesionouse un ligamento no dedo polgar do pé.[10] Chalmers volveu ao equipo semanas despois, e xogou o resto de partidos da tempada e dos playoffs.

Tempada 2010-11[editar | editar a fonte]

O 8 de xullo de 2010, cando LeBron James anunciou que ía xogar nos Miami Heat, Chalmers cambiou o seu número, e escolleu o 15, o número que usaba na Universidade. James fíxose co número 6 que antes tiña Chalmers.[11]

No 5º partidos das Finais da NBA de 2011, Chalmers anotou un tiro dende o mediocampo sobre a bucina do segundo cuarto, para darlle vantaxe a Miami por 31-30,[12] pero os Heat perderían o encontro contra os Dallas Mavericks por 112-103, poñendo así a serie 2-3 favorable a Dallas. Chalmers fixo 15 puntos, 4 rebotes, 2 asistencias e un roubo de balón.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mario Chalmers Prospect Profile". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2009. Consultado o 21 de setembro de 2009. 
  2. "Mario Chalmers Bio". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2008. Consultado o 21 de setembro de 2009. 
  3. Kansas vs. Memphis - Box Score - April 07, 2008
  4. KU - The Shot
  5. Ficha de Chalmers en TDR
  6. Chalmers signs deal with Heat. Miami rewards KU product with 3-year contract Arquivado 10 de setembro de 2012 en Wayback Machine.,
  7. "Chalmers 'earned' shot at 82 starts". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2009. Consultado o 21 de setembro de 2009. 
  8. Mario Chalmers Career Stats
  9. ESPN "Chalmers gets team-record nine steals in win over Sixers", 6 de novembro de 2008.
  10. "Heat's Chambers out indefinitly with thumb injury". NBA.com. 2010-01-31. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-02-01. 
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14/07/2010. Consultado o 17/05/2011. 
  12. NBA (9 de xuño de 2011). "Chalmers Insane Half-Court Heave". YouTube. Consultado o 9 de xuño de 2011. 
  13. "Miami Heat vs. Dallas Mavericks box score". ESPN. Consultado o 9 de xuño de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]