Isaac Alonso Estraviz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Isaac Alonso Estravís")
Isaac Alonso Estraviz
Isaac Alonso Estraviz (AELG)-2.jpg
Nacemento 26 de xaneiro de 1935 (82 anos)
Lugar Vilaseca, Trasmiras, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Xéneros Ensaio
Estudos Filoloxía Románica, Filoloxía Galega
editar datos en Wikidata ]

Isaac Alonso Estraviz, nado en Vilaseca (Trasmiras) o 26 de xaneiro de 1935, é un lexicógrafo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Románica en 1977 e doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999. Foi profesor de Didáctica da Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Vigo no campus de Ourense, membro da Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua (AGAL, partidaria do reintegracionismo) e do consello de redacción da revista Agália. Actualmente é o vicepresidente da Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP).

En 1986 formou parte da delegación galega que participou como observadora no Encontro sobre a Unificação Ortográfica da Língua Portuguesa.

Como lexicógrafo, é autor de varias obras sobre o léxico da lingua galega, destacando o Dicionário da língua galega, editado orixinalmente por Alhena (1986) e posteriormente nunha edición resumida por Sotelo Blanco (1995). Este dicionario apareceu inicialmente na normativa do galego chamada de reintegracionismo de mínimos, pero desde 2005 está dispoñíbel para consulta en liña na ortografía coñecida como reintegracionismo de máximos (máis próximo á ortografía da lingua portuguesa) e propugnada pola AGAL.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Contos con reviravolta: arando no mencer, Castrelos, 1973.
  • Dicionário galego ilustrado "Nós", Nós, 1983.
  • Dicionário da língua galega (3 tomos), Alhena, 1986.
  • Estudos filológicos galegoportugueses, Alhena, 1987.
  • Dicionário da língua galega, Sotelo Blanco, 1995.

Edición[editar | editar a fonte]

  • Santos Júnior e os Intelectuais Galegos, Fundaçom Meendinho, 2011.

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Misal galego, SEPT, 1968.
  • Estudo crítico das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (ILG-RAG) 1982, 1983, AGAL. 2ª edición en 1989.
  • Colectânea de Estudos em Homenagem a Rodrigues Lapa, Anadia, 1984.
  • Prontuário ortográfico galego, AGAL, 1985.
  • Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984, AGAL, 1986.
  • Comentários ao novo acordo ortográfico, Irmandades da Fala de Galiza e Portugal, 1986.
  • Guia prático de verbos galegos conjugados, AGAL, 1988.
  • Actas do III Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, AGAL, 1992.
  • O uso das línguas na perspectiva da Europa Comunitária. Hizkunzen erabilera Europar batasunari begira. L'ús de les llengües en la perspectiva de l'Europa Comunitària, AGAL, 1993.
  • Actas do IV Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, AGAL, 1996.
  • Os intelectuais galegos e Teixeira de Pascoaes: epistolário, Edicións do Castro, 2000 (xunto a Eloísa Álvarez, da Universidade de Coimbra).
  • Eugénio de Castro e a Galiza. Epistolário, Edicións do Castro, 2008. Con Eloísa Álvarez.
  • Isaac Díaz Pardo e a língua galega, AGAL, 2008.
  • Actas do Congresso Jenaro Marinhas del Valle, AGAL, 2009.
  • Por um galego extenso e útil, Através Editora, 2010.
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012.

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]