Eparquía ortodoxa grega de Volodymyr e Brest
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Eparquía de Volodymyr-Brest | |
---|---|
—Suprimida— | |
Datos xerais | |
Erixida | século X |
Localización | Belarús e Ucraína |
Suprimida | 1596 |
Información | |
Igrexa particular | Igrexa Ortodoxa de Constantinopla |
Igrexa | Igrexa Ortodoxa |
Ritos | Bizantino |
A eparquía de Volodymyr-Brest foi unha sé da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla, parte da metrópole de Kíiv. En 1596 entrou en unión coa Igrexa Católica.
Territorio[editar | editar a fonte]
A eparquía abranguía parte da rexión de Volinia e a parte setentrional de Podlaquia.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi estabelecida na Volinia polos seguidores dos santos Cirilo e Metodio. En 992 pasou a formar parte da metrópole de Kíiv.
Entre 1302 e 1332, entre 1337 e 1347, e entre 1371 e 1401 a eparquía foi parte da metrópole de Galicia.
En 1596 o bispo Ipatii Potii aceptou a Unión de Brest, entrando en comuñón coa Igrexa Católica.