Igrexa católica bizantina ucraína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Igrexa Católica Ucraína")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa greco-católica ucraína
Українська Греко-Католицька Церква
(Ukrainska Hreko-Katolytska Tserkva)
Historia
Fundación988 (implantación do cristianismo en Ucraína)
1595 (Unión de Brest)
MotivoVolta á comuñón coa Santa Sé da Igrexa rutena
Separada deIgrexa ortodoxa
Parte deIgrexa católica
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal
PapaFrancisco
Arcebispo maiorSviatoslav Shevchuk
EstruturaEstruturada en 30 dioceses
Clasificación
GrupoCatolicismo
OrientaciónCristianismo oriental
Demografía e cultura
Fieismáis de 4 200 000
PaísesUcraína, Polonia, América do Norte, América do Sur, Europa
Linguas litúrxicasEslavo eclesiástico, ucraíno e demais linguas vernáculas
Ritos litúrxicosBizantino
Outros datos
Sede centralKiev
Páxina webugcc.org.ua

A Igrexa católica bizantina ucraína, ou Igrexa greco-católica ucraína (en ucraíno: Українська Греко-Католицька Церква, Ukrainska Hreko-Katolytska Tserkva), é a maior Igrexa particular oriental da Igrexa católica. O primado da Igrexa é o arcebispo maior de Kiev-Galicia e toda a Rus. A Igrexa é unha das sucesoras da aceptación do cristianismo polo gran príncipe Vladímir o Grande de Kiev, en 988. A Igrexa tense estendido coa diáspora ucraína, e a día de hoxe ten uns 40 xerarcas nunha ducia de países en catro continentes, incluíndo outros tres bispos metropolitanos en Polonia, Estados Unidos e Canadá. Dende marzo de 2011 o arcebispo maior é Sviatoslav Shevchuk. Dentro da propia Ucraína, o catolicismo é unha confesión minoritaria, a segunda a distancia da maioría ortodoxa. En canto ao número de fieis, a Igrexa católica ucraína é a terceira igrexa do país, logo da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Moscova e da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Kiev.

Organización[editar | editar a fonte]

Igrexa greco-católica ucraína de San Xoán Bautista de Otava, Canadá.

A Igrexa moveu a súa sede central de Lviv a Kiev o 21 de agosto de 2005. O título da cabeza da Igrexa cambiouse de arcebispo maior de Lviv a arcebispo maior de Kiev-Galicia. A día de hoxe, as xurisdicións territoriais da Igrexa son as seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gudziak, Borys (2001). Ukrainian Research Institute, Harvard University, ed. Crisis and Reform: The Kyivan Metropolitanate, the Patriarchate of Constantinople, and the Genesis of the Union of Brest (en inglés). Harvard University. ISBN 9780916458928. 
  • Likowski, Edward (1907). Unia brzeska (r. 1596.) (en polaco). Skład Główny w Księgarni Gebethnera i Wollfa. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]