Edward Likowski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edward Likowski
X.Likowski.jpg
Arcebispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1836 en Wreschen, Reino de Prusia
Pasamento20 de febreiro de 1915 en Posen, Reino de Prusia
Ordes
Ordenación sacerdotal21 de decembro de 1861
Consagración episcopal1 de maio de 1887, por Julius Dinder
Arcebispo metropolitano de Gniezno e Poznań
Primado de Polonia
1914 - 1915
PredecesorFlorian Stablewski
SucesorEdmund Dalbor
Outros
COA archbishop PL Likowski Edward.png
Escudo de Edward Likowski
Gratia Dei sum id quod sum
(Por graza de Deus son quen son)
Ficha en catholic-hierarchy.org

Edward Likowski, nado o 26 de setembro de 1836 en Wreschen[1] (Reino de Prusia) e finado o 20 de febreiro de 1915 en Posen (Reino de Prusia), foi un eclesiástico católico latino polaco, arcebispo metropolitano de Gniezno e Poznań e primado de Polonia dende 1914 até o seu pasamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 21 de decembro de 1861 foi ordenado sacerdote da arquidiocese católica latina de Gniezno e Poznań.[1] Logo da súa ordenación, exerceu o seu ministerio como capelán e profesor de relixión durante catro anos.[1] En 1865 foi nomeado profesor de Historia da Igrexa e Dereito canónico, e ao ano seguinte obtivo da Academia de Münster o título de Doutor en Teoloxía.[1]

O 17 de marzo de 1887 foi nomeado bispo auxiliar de Gniezno e Poznań, e bispo titular de Aureliopolis in Lydia. Recibiu a ordenación episcopal o 1 de maio de 1887 de mans do arcebispo Julius Dinder.

O 13 de agosto de 1914 foi nomeado arcebispo metropolitano de arquidiocese católica latina de Gniezno e Poznań. Finou no cargo ao ano seguinte, o 20 de febreiro de 1915.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Historia unii Kościoła ruskiego z Kościołem rzymskim. Poznań. 1875. 
  • Dzieje kościoła unickiego na Litwie i Rusi w XVII i XIX wieku uważane głównie ze względu na przyczyny jego upadku. Poznań. 1880. 
  • Unia brzeska (r.1596). Poznań. 1896. 
  • Synody diecezji chełmińskiej obrządku wschodniego. Poznań. 1902. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Scheidgen, Hermann-Josef (1991). Deutsche Bischöfe im Ersten Weltkrieg: die Mitglieder der Fuldaer Bischofskonferenz und ihre Ordinariate, 1914-1918 (en alemán). Böhlau. p. 45. ISBN 9783412021917.