Troia
(grc) Τροία | |||||
Tipo | xacemento arqueolóxico | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Mitoloxía grega | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Provincia de Çanakkale, Turquía e Çanakkale, Turquía | ||||
Localización | Hisarlik | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Superficie | 158 ha | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | ||||
Data | 1998 (22ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii) e (vi) | ||||
Identificador | 849 | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 3000 a. C. | ||||
Data de disolución, retirada ou demolición | 500 | ||||
Cronoloxía | |||||
Guerra de Troia | |||||
Sitio web | muze.gov.tr… | ||||
Troia (grego antigo: Τροία, Troia ou Τροίας, Troias e Ἴλιον, Ilion ou Ἴλιος, Ilios; latín: Troia e Ilium;[note 1] Hitita: 𒌷𒃾𒇻𒊭 Wilusa ou 𒋫𒊒𒄿𒊭 Truwisa;[1][2] turco: Truva ou Troya) foi unha cidade tanto histórica como lendaria, no extremo noroeste da rexión coñecida a finais de antigüidade clásica como Asia Menor, agora coñecida como Anatolia na Turquía moderna, xusto ao sur da boca suroeste do estreito dos Dardanelos e o noroeste do Monte Ida. A localización actual é coñecida como Hisarlik. Foi o escenario da guerra de Troia descrita no Ciclo troiano, en particular na Ilíada, un dos dous poemas épicos atribuídos a Homero, quen a compuxo ao redor do século IX ou VIII a.C., aínda que contén material máis antigo. Homero tamén fai referencia a Troia na Odisea. A lenda homérica de Troia foi continuada polo poeta romano Virxilio na Eneida. A evidencia métrica da Ilíada e da Odisea suxire que o nome Ἴλιον (Ilion) anteriormente comezaba co digamma: Ϝίλιον (Wilion); este tamén é apoiado polo nome hitita para o que se cre que é a mesma cidade, Wilusa.
A Troia histórica estaba situada no estreito dos Dardánelos (Helesponto), entre os ríos Escamandro (ou Xanto) e Simois, e ocupaba unha posición estratéxica no acceso ao Mar Negro (Ponto Euxino).
Historia
[editar | editar a fonte]Troia (Ílion), cidade que, de acordo coa lenda grega, na narrativa de Homero na Ilíada, foi capturada polos gregos que tiñan por rei e xefe a Agamenón, despois dun sitio de dez anos. A Troia histórica foi descuberta por Heinrich Schliemann (1822-1890), en Hissarlik, no noroeste da Asia Menor, poucas millas no interiro do continente, a partir do mar Exeo. Schliemann era un comerciante alemán rico que dedicou os últimos 20 anos de vida á busca da cidade lendaria. As escavacións que dirixiu el entre 1870 e 1890, e por outros, posteriormente, revelaron nove períodos de ocupación. Os primeiros cinco pertencen á Idade de Bronce, entre 3000 e 2000 a. C. Troia II, en particular, foi unha comunidade que floreceu, con magníficas fortificacións e construcións domésticas, mais acabou sendo destruída por un grande incendio. Troia VI foi palco do influxo de novos colonizadores, que trouxeron cabalos, porén un terremoto arrasou a cidade, por volta do ano 1700 a. C.
Seguiu Troia VII, que se identifica coa Troia de Homero, e que enfrontou a esta cidade coa grega de Micenas, por volta do ano 1000 a. C. Tivo unha fase curta, pois a cidade logo foi destruída por un incendio. As indicacións son de que ese non foi un desastre accidental e de que estaba vinculado á captura da cidade por inimigos. Permaneceu desocupada probabelmente durante 400 anos, até o xurdimento de Troia VIII. Troia IX foi estabelecida no período romano.
Cine
[editar | editar a fonte]A historia da guerra de Troia foi levada ao cine en varias ocasións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Trōia is the typical Latin name for the city. Ilium is a more poetic term: Lewis, Charlton T.; Short, Charles. "Ilium". A Latin Dictionary. Tufts University: The Perseus Digital Library. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ Korfmann, Manfred O. (2007). Winkler, Martin M, ed. Troy: From Homer's Iliad to Hollywood Epic. Oxford, England: Blackwell Publishing Limited. p. 25. ISBN 978-1-4051-3183-4.
Troy or Ilios (or Wilios) is most probably identical with Wilusa or Truwisa ... mentioned in the Hittite sources
- ↑ Burney, Charles (2004). "Wilusa". Historical dictionary of the Hittites. Metuchen, N.J: Scarecrow Press. p. 311. ISBN 978-0-8108-4936-5.