Himalia (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Himalia
Himalia vista dende a sonda Cassini-Huygens.
Descubrimento
Descuberta por C. D. Perrine
Descuberta no 16 de decembro de 1904
Designación alternativa Xúpiter VI
Características orbitais
Raio orbital medio 11 460 000 km[1]
Periapse 9 782 900 km
Apoapse 13 082 000 km
Excentricidade 0,16[1]
Período orbital 250,56 d (0,704 a)[1]
Inclinación 27,50° (respecto da eclíptica)
29,59° (respecto do ecuador de Xúpiter)[1]
Velocidade orbital 3,312 km/s
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Raio medio 85 km[2]
Área superficial ~90.800 km²
Volume ~2 570 000 km3
Masa ~6,7 x 1018 kg[2]
4,19 x 1018 kg[3]
Densidade media 2,6 g/cm3 asumida[2]
1,63 g/cm³ (asumindo un raio de 85 km)[3][4]
Gravidade superficial ~0,062 m/s2 (0,006 g)
Velocidade de escape ~0,100 km/s
Período de rotación 7,782 h[5]
Albedo 0,04[2][6]
Temperatura ~124 K
Magnitude 14,6[2]

Himalia (ou en grego ‘Ιμαλíα) é máis grande das lúas irregulares de Xúpiter, e en relación a tódalas lúas de Xúpiter é a sexta en tamaño e a quinta en masa. (só as catro lúas de Galileo teñen máis masa có Himalia). Foi descuberta por Charles Dillon Perrine no Observatorio de Lick o 3 de decembro de 1904[7] e recibiría o nome Himalia que procede da mitoloxía grega, Himalia era unha ninfa que trouxo ó mundo tres fillos de Zeus (o equivalente grego de Xúpiter).

Descubrimento e nome[editar | editar a fonte]

Himalia, a máis grande das lúas irregulares de Xúpiter, foi descuberta por Charles Dillon Perrine no Observatorio de Lick o 3 de decembro de 1904.[7]

O nome de Himalia procede da mitoloxía grega, onde Himalia era unha ninfa que trouxo ó mundo tres fillos de Zeus (o equivalente grego de Xúpiter). A lúa non recibiría este nome oficialmente ata o ano 1975;[8] antes disto, sinxelamente era coñecida coma Xúpiter VI, aínda que se reclamou un nome propio para a lúa pouco despois do seu descubrimento e do de Elara.

A lúa recibía algunhas veces o nome de Hestia, a deusa grega do fogar, entre os anos 1955 e 1975.[9]

Órbita[editar | editar a fonte]

É o membro máis grande do grupo de satélites Himalia, estas lúas orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 11,4 e 13 millóns de quilómetros e cunha inclinación aproximada de 27,5°.[10] Os elementos orbitais son de xaneiro do 2000,[1] pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter.

Características físicas[editar | editar a fonte]

Himalia aparece neutra (gris), coma o resto das lúas do seu grupo, cuns índices de cores de B-V=0,62, V-R= 0,4, semellantes a un asteroide do tipo C.[11] As medicións feitas pola Cassini confirman estas propiedades no espectro, cunha feble liña de absorción a 3 μm, a cal indicaría a presenza de auga.[12]

Masa[editar | editar a fonte]

No ano 2005, Emelyanov estimou que Himalia debía ter unha masa de 4,19 x 1018 kg (GM=0,28), baseándose na perturbación de Elara do 15 de xullo de 1949.[3] O JPL asumía que Himalia tiña unha masa de 6,7 x 1018 kg (GM=0,45) cun raio de 85 km.[2]

A densidade de Himalia dependera de se o raio medio da lúa é de 67 km (media xeométrica obtida grazas a Cassini no 2000)[3] ou se o raio estimado está preto dos 85 km.[2]

Fonte Raio
km
Densidade
g/cm³
Masa
kg
Emelyanov 67 3,33 4,19 x 1018
Emelyanov 85 1,63[4] 4,19 x 1018
JPL SSD 85 2,6 6,7 x 1018

Exploración[editar | editar a fonte]

En novembro do 2000, a sonda Cassini, de camiño a Saturno, fixo unha serie de imaxes de Himalia, incluíndo fotos tomadas a unha distancia de 4,4 millóns de quilómetros. A lúa só cubría uns cantos píxeles, pero semellaba ser alongada cuns eixos de 150 ± 20 e 120 ± 20 km, datos moi achegados ás estimacións das observacións feitas dende a Terra.[6]

En febreiro e marzo do 2007, a sonda New Horizons na súa viaxe cara Plutón, fixo unha serie de imaxes de Himalia, as máis próximas tomadas a unha distancia duns oito millóns de quilómetros; de novo Himalia víase un pequeno grupo de píxeles.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson, R. A. (2000). "The orbits of outer Jovian satellites". Astronomical Journal 120: 2679–2686. doi:10.1086/316817. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 JPL (Solar System Dynamics), ed. (24-10-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 11-12-2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Emelyanov, N.V.; Archinal, B. A.; A’hearn, M. F.; e o seu equipo. (2005). "The mass of Himalia from the perturbations on other satellites". Astronomy and Astrophysics 438: L33–L36. doi:10.1051/0004-6361:200500143. 
  4. 4,0 4,1 Densidade = GM / G / (Volume dunha esfera de 85km) = 1.63 g/cm³
  5. Pilcher, F.; Mottola, S., Denk, T. (2012). "Photometric lightcurve and rotation period of Himalia (Jupiter VI)". Icarus 219 (2): 741–742. doi:10.1016/j.icarus.2012.03.021. 
  6. 6,0 6,1 Porco, Carolyn C.; e o seu equipo. (2003). "Cassini Imaging of Jupiter's Atmosphere, Satellites, and Rings". Science 299 (5612): 1541–1547. PMID 12624258. doi:10.1126/science.1079462. 
  7. 7,0 7,1 "Discovery of a Sixth Satellite of Jupiter". Astronomical Journal 24 (18): 154B. 1905. ;
    "Sixth Satellite of Jupiter Confirmed (Himalaia)". Harvard College Observatory Bulletin 175: 1. 25-01-1905. ; Perrine, C.D. (1905). "Discovery of a Sixth Satellite to Jupiter". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 17: 22–23. doi:10.1086/121619. ;
    Perrine, C.D. (1905). "Orbits of the sixth and seventh satellites of Jupiter". Astronomische Nachrichten 169: 43–44. doi:10.1002/asna.19051690304. 
  8. Marsden, B. G. (7 de outubro de 1974). "Satellites of Jupiter". IAUC Circular 2846. 
  9. Payne-Gaposchkin, Cecilia; Katherine Haramundanis (1970). Prentice-Hall, ed. Introduction to Astronomy. Englewood Cliffs, N.J. ISBN 0-134-78107-4. 
  10. Jewitt, David C.; Sheppard, Scott, e Porco, Carolyn (2004). "Jupiter’s Outer Satellites and Trojans". En Cambridge University Press; Bagenal, F.; Dowling, T.E.; McKinnon, W.B. Jupiter: The planet, Satellites and Magnetosphere (PDF). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 16 de xullo de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2010. 
  11. Rettig, Terrence W.; Walsh, Kevin; e Consolmagno, Guy (2001). "Implied Evolutionary Differences of the Jovian Irregular Satellites from a BVR Color Survey". Icarus 154: 313–320. doi:10.1006/icar.2001.6715. 
  12. Chamberlain, Matthew A.; Brown, Robert H. (2004). "Near-infrared spectroscopy of Himalia". Icarus 172: 163–169. doi:10.1016/j.icarus.2003.12.016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]