Aitne (lúa)
| Aitne | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Designación provisional
| |||||||
|
Astro pai
| |||||||
| Características orbitais | |||||||
| Apoapse | 30.587.947 km | ||||||
| Periastro | 15.870.053 km | ||||||
| Excentricidade orbital | 0,3927 | ||||||
| Inclinación orbital | 165,091 ° | ||||||
| Período orbital | 730,18 d | ||||||
| Semieixo maior | 23.229.000 km | ||||||
| Características físicas | |||||||
| Diámetro | 3 km | ||||||
| Masa | 45 Pg | ||||||
| Gravidade superficial | 0,0012 m/s² | ||||||
| Albedo | 0,04 | ||||||
| Magnitude aparente | 22,7 | ||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Descubridor/a
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data descuberta
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Aitne (ou en grego Αίτνη), tamén coñecida coma Xúpiter XXXI, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2001, e recibiu a designación temporal S/2001 J 11.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Aitne ten uns 3 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,285 millóns de km, tarda 679,641 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 166° con respecto á eclíptica (164° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,393. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de km, con inclinacións duns 165°.
Recibiu oficialmente o seu nome en agosto do ano 2003[3], Aitne ou Aitna na mitoloxía grega era a divindade personificada do Monte Etna, Os fillos que tivo con Zeus eran os Palicos, dous irmáns xemelgos, deuses das augas termais e dos geysers (outros autores aseguran quen son fillos de Talía e/ou de Hefesto).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 7900: Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus agosto do 2003 (bautizando a lúa)