Leda (lúa)
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Charles Kowal |
Descuberta no | 11 de setembro de 1974[1] |
Designación alternativa | Xúpiter XIII |
Características orbitais | |
Raio orbital medio | 11 160 000 km[2] |
Excentricidade | 0,16[2] |
Período orbital | 240,92 d (0,654 a)[2] |
Inclinación | 27,46° (respecto da eclíptica) 29,01° (respecto do ecuador de Xúpiter)[2] |
Velocidade orbital | 3,4 km/s |
Satélite de | Xúpiter |
Características físicas | |
Raio medio | 10 km |
Área superficial | ~1250 km² |
Volume | ~4200 km³ |
Masa | ~1,1 x 1016 kg |
Densidade media | 2,6 g/cm3 asumida |
Gravidade superficial | ~0,0073 m/s² (0,001 g) |
Velocidade de escape | ~0,012 km/s |
Albedo | 0,04 asumido |
Magnitude | 20,2 [3] |
Temperatura | ~124 K |
Leda (ou en grego Λήδα), tamén coñecida coma Xúpiter XIII, é unha lúa irregular de movemento directo do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Charles T. Kowal no Observatorio de Monte Palomar o 14 de setembro de 1974, despois de tres noites moi proveitosas sacando placas fotográficas (do 11 de setembro ó 13; Leda aparece en placas de tódolos días).[1][4] Recibiría o nome de Leda, que era amante de Zeus, o equivalente de Xúpiter na mitoloxía grega (o cal lle aparecería en forma de cisne). Kowal suxeriu este nome e a UAI asignaríallo a lúa no ano 1975.[5]
Leda pertence ó grupo de satélites Himalia, cinco lúas que orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 11 a 13 millóns de quilómetros cunha inclinación de aproximadamente 27,5°.[2] Os elementos orbitais amosados neste artigo son de xaneiro do 2000, pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter.
Na ficción
[editar | editar a fonte]- O filme británico Fire Maidens from Outer Space do ano 1956 estaba localizado na décimo terceira lúa de Xúpiter, aínda que hai que subliñar que o filme foi feito antes do descubrimento de Leda no ano 1974.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Kowal, C. T.; Aksnes, K.; Marsden, B. G.; e Roemer, E. (1974). "Thirteenth satellite of Jupiter". Astronomical Journal 80: 460–464. doi:10.1086/111766.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Jacobson, R. A. (2000). "The orbits of outer Jovian satellites". Astronomical Journal 120: 2679. doi:10.1086/316817.
- ↑ "Leda Statistics". Consultado o 01-10-2007.
- ↑ IAUC 2702: Probable New Satellite of Jupiter setembro de 1974 (descubrimento)
- ↑ Marsden, B. G. (7 de outubro de 1974). "Satellites of Jupiter". IAUC Circular 2846.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Leda ProfileArquivado 03 de agosto de 2015 en Wayback Machine. by NASA's Solar System Exploration (en inglés)
- David Jewitt pages (en inglés)
- Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)