Core (lúa)
| Core | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Designación provisional
| |||||||
|
Astro pai
| |||||||
| Características orbitais | |||||||
| Excentricidade orbital | 0,1951 | ||||||
| Inclinación orbital | 145 ° | ||||||
| Período orbital | −779,2 d | ||||||
| Semieixo maior | 24.974.033 km | ||||||
| Características físicas | |||||||
| Diámetro | 2 km | ||||||
| Masa | 15 Pg | ||||||
| Gravidade superficial | 0,00081 m/s² | ||||||
| Albedo | 0,04 | ||||||
| Magnitude aparente | 23,6 | ||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Descubridor/a
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data descuberta
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Core (ou en grego Κόρη), tamén coñecida coma Xúpiter XLIX, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal S/2003 J 14.[1][2]
Core ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,239 millóns de kms, tarda 723,720 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 141° con respecto á eclíptica (139° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2462. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.
Recibiu oficialmente o seu nome en abril do ano 2007, Core é outro dos nomes polo cal era coñecida Perséfone, filla de Deméter e Zeus.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 8116: Satellites of Jupiter and Saturn Arquivado 05 de maio de 2006 en Wayback Machine. abril do 2003 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2003-G10: S/2003 J 14 abril do 2003 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 8826: Satellites of Jupiter and Saturn 5 de abril de 2007 (bautizando a lúa)