Velocidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Movemento orbital dun satélite artificial arredor da Terra. O vector tanxente á órbita é a velocidade do satélite.

A velocidade é unha magnitude física de carácter vectorial que expresa a distancia percorrida por un obxecto na unidade de tempo. Represéntase por ou . Na análise dimensional as súas dimensións son [L]/[T].[1][2] A súa unidade no Sistema Internacional de Unidades é o metro por segundo (símbolo, m/s). Tamén é habitual empregar como unidade o km/h (quilómetro/hora).

A velocidade é un vector, é dicir, ten módulo (magnitude), dirección e sentido. A magnitude da velocidade coñécese como celeridade ou rapidez.

Velocidade en mecánica clásica[editar | editar a fonte]

Velocidade media[editar | editar a fonte]

A velocidade media defínese como o cambio de posición durante un intervalo de tempo considerado. Calcúlase dividindo o vector desprazamentor) entre o escalar tempo (Δt) empregado en efectualo:

Segundo esta definición, a velocidade media é unha magnitude vectorial, xa que é o resultado de dividir un vector entre un escalar.

Por outra banda, se se considera a distancia percorrida sobre a traxectoria durante un intervalo de tempo dado, tense a velocidade media sobre a traxectoria, que é unha magnitude escalar. A expresión anterior escríbese da forma:

O módulo do vector velocidade media, en xeral, é diferente ao valor da velocidade media sobre a traxectoria. Só serán iguais se a traxectoria é rectilínea e se o móbil só avanza nun ou noutro sentido, sen retroceder.

Velocidade instantánea[editar | editar a fonte]

A velocidade instantánea é un vector tanxente á traxectoria e correspóndese coa derivada do vector posición con respecto ao tempo. Permite coñecer a velocidade dun móbil que se despraza sobre unha traxectoria cando o intervalo de tempo é infinitamente pequeno, sendo entón o espazo percorrido tamén moi pequeno, representando un punto da traxectoria:

En forma vectorial, a velocidade é a derivada do vector posición respecto ao tempo:

onde é un vector (vector de módulo unidade) de dirección tanxente á traxectoria do corpo en cuestión e é o vector posición, xa que no límite os diferenciais de espazo percorrido e posición coinciden.

Unidades[editar | editar a fonte]

As unidades máis habituais para medir a velocidade son:

Sistema Internacional de Unidades (SI)
Sistema Ceguesimal de Unidades (CGS)
  • Centímetro por segundo (cm/s)
Sistema Anglosaxón de Unidades
Navegación marítima e aérea
  • O é unha unidade de medida de velocidade empregada en navegación e equivalente a unha milla náutica por hora
Aeronáutica
  • O número Mach é unha medida de velocidade relativa que se define como o cociente entre a velocidade dun obxecto e a velocidade do son no medio en que se move ese obxecto. É un número adimensional tipicamente usado para describir a velocidade dos avións. Mach 1 equivale á velocidade do son, Mach 2 é dúas veces esa velocidade e así sucesivamente. A velocidad do son no aire é de 340 m/s (1224 km/h).
Unidades de Planck (Unidades naturais)
  • O valor da velocidade da luz no baleiro (c) = 299 792 458 m/s (aproximadamente 300 000 km/s)

A seguinte táboa resume tódolos valores para converter as principais unidades de velocidade:

km/s m/s mph km/h
para obter km/s multiplicar por 1 0,001 0,00044704 0,00027778
para obter m/s multiplicar por 1000 1 0,44704 0,27778
para obter mph multiplicar por 2236,9 2,2369 1 0,62137
para obter km/h multiplicar por 3600 3,6 1,609344 1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Resnick, 1996, pp. 10 y 11.
  2. Resnick, 1996, pp. 17-23.
  3. Empregada, por exemplo, nos sinais de tráfico.