Cilene (lúa)
| Cilene | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Designación provisional
| |||||||
|
Astro pai
| |||||||
| Características orbitais | |||||||
| Excentricidade orbital | 0,4116 | ||||||
| Inclinación orbital | 140 ° | ||||||
| Período orbital | 7.751,94 d | ||||||
| Semieixo maior | 23.396.289 km | ||||||
| Características físicas | |||||||
| Diámetro | 2 km | ||||||
| Masa | 15 Pg | ||||||
| Gravidade superficial | 0,00081 m/s² | ||||||
| Albedo | 0,04 | ||||||
| Magnitude aparente | 23,2 | ||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Descubridor/a
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data descuberta
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Cilene (ou en grego Κυλλήνη), tamén coñecida coma Xúpiter XLVIII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal S/2003 J 13.[1][2]
Cilene ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,396 millóns de km, tarda 731,099 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 140° con respecto á eclíptica (140° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,4116. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasífae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de km, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.
Recibiu oficialmente o seu nome en marzo do ano 2005, Cilene na mitoloxía grega era unha Naíade (ninfa da auga) ou unha Oréade (ninfa das montañas) que estaba asociada ó Monte Cilene, Grecia.[3] Era tamén filla de Zeus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 8116: Satellites of Jupiter and Saturn abril do 2003 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2003-G09: S/2003 J 13 abril do 2003 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 8502: Satellites of Jupiter 30 de marzo de 2005 (bautizando a lúa)