Saltar ao contido

Táixete (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Táixete
 Designación provisional
    S/2000 J 9 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Taigete (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Astro pai
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Descuberta / invención
25 de novembro de 2000 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Diámetro
   5 km Editar o valor en Wikidata
 Masa
   160 Pg Editar o valor en Wikidata
 Densidade absoluta
    2,6 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   29.246.700 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   17.473.300 km Editar o valor en Wikidata
 Excentricidade orbital
   0,252 Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   164,89018 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   686,67 d Editar o valor en Wikidata
 Semieixo maior
   22.438.668 km Editar o valor en Wikidata
 Albedo
   0,04 Editar o valor en Wikidata
 Magnitude aparente
   21,9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02t01l Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Táixete[1] (ou en grego Ταϋγέτη), tamén coñecida coma Xúpiter XX, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2000, e recibiu a designación temporal S/2000 J 9.[2][3][4]

Táixete ten uns 5 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,439 millóns de km, tarda 686,675 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (163° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,3678. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de km, con inclinacións duns 165°.

Recibiu oficialmente o seu nome en outubro do ano 2002[5] , Táixete na mitoloxía grega era unha das Pléiades, filla do Titán Atlas e nai de Lacedemonia (que tamén era filla de Zeus)[6].

  1. ↑ Fraga, José Carracedo (1999). Diccionario latín-galego (en latín). Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-318-2.
  2. ↑ IAUC 7555: Satellites of Jupiter Arquivado 16 de setembro de 2002 en Wayback Machine. 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento)
  3. ↑ MPEC 2001-A29: S/2000 J 7, S/2000 J 8, S/2000 J 9, S/2000 J 10, S/2000 J 11 15 de xaneiro do 2001 (descubrimento e efemérides)
  4. ↑ MPEC 2001-T59: S/2000 J 8, S/2000 J 9, S/2000 J 10 15 de outubro do 2001 (efemérides revisadas)
  5. ↑ IAUC 7998: Satellites of Jupiter 22 de outubro do 2002 (bautizando a lúa)
  6. ↑ "Nomes de planetas e de satélites e os seus descubridores.". Unión Astronómica Internacional (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]