Cale (lúa)
| Cale | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Designación provisional
| |||||||
|
Astro pai
| |||||||
| Características orbitais | |||||||
| Apoapse | 29.253.000 km | ||||||
| Periastro | 17.181.000 km | ||||||
| Excentricidade orbital | 0,2011 | ||||||
| Inclinación orbital | 166,17658 ° | ||||||
| Período orbital | 729,47 DD | ||||||
| Semieixo maior | 23.217.000 km | ||||||
| Características físicas | |||||||
| Diámetro | 2 km | ||||||
| Masa | 15 Pg | ||||||
| Densidade | 2,6 g/cm³ | ||||||
| Albedo | 0,04 | ||||||
| Magnitude aparente | 23 | ||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Descubridor/a
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data descuberta
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Cale (ou en grego Καλή), tamén coñecida coma Xúpiter XXXVII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta no ano 2001 polos astrónomos S. Sheppard, D. Jewitt, e J. Kleyna, e foi temporalmente designada como S/2001 J 8.[1][2]
Cale ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,409 millóns de km, tarda 685,324 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (166° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2011. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de km, con inclinacións duns 165°.
Recibiu oficialmente o seu nome en agosto do ano 2003[3], Cale na mitoloxía grega era unha da Gracias, fillas de Zeus (Xúpiter). Cale era a muller de Hefesto segundo algúns autores (a meirande parte atribúelle este feito a Afrodita).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 7900: Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus Arquivado 09 de xullo de 2008 en Wayback Machine. agosto do 2003 (bautizando a lúa)