S/2003 J 2
| S/2003 J 2 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Designación provisional
| |||||||
|
Astro pai
| |||||||
| Características orbitais | |||||||
| Argumento de periastro | 224,95527 ° | ||||||
| Excentricidade orbital | 0,2777 | ||||||
| Inclinación orbital | 149,20392 ° | ||||||
| Período orbital | −602,02 d | ||||||
| Semieixo maior | 20.554.390 km | ||||||
| Lonxitude do nó ascendente | 50,46976 ° | ||||||
| Anomalía media | 114,43587 ° | ||||||
| Características físicas | |||||||
| Diámetro | 2 km | ||||||
| Albedo | 0,04 | ||||||
| Magnitude aparente | 23,2 | ||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Descubridor/a
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data descuberta
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
S/2003 J 2 é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard e David C. Jewitt, o anuncio do seu descubrimento foi o 4 de marzo do 2003.[1][2] A ano 2006, está lúa era e é a lúa máis afastada de Xúpiter.
S/2003 J 2 ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 29,54 millóns de kms, tarda 981,55 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 154° con respecto á eclíptica (152° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2255.[3][4][5] Esta lúa semella pertencer a un grupo propio, onde de momento, ela é a única integrante, cun eixo semi-maior de ~30 Gm e unha inclinación que rolda os ~160°.[4]
Os límites da influencia gravitacional de Xúpiter veñen definidos pola esfera de Hill, e o seu raio (no caso de Xúpiter) e duns 52 Gm. Pénsase que as lúas retrógradas con eixos máis grandes co 67% do raio de Hill son estables, polo cal é posible que aínda queden por descubrir máis de Xúpiter que estean aínda máis afastadas do planeta cá propia S/2003 J 2.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 8087: Satellites of Jupiter 4 de marzo do 2003 (descubrimento)
- ↑ Sheppard, Scott S.; Jewitt, David C. (2003). "An abundant population of small irregular satellites around Jupiter" (PDF). Nature 423 (6937): 261–263. PMID 12748634. doi:10.1038/nature01584. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de agosto de 2003. Consultado o 04 de novembro de 2010. }}
- ↑ MPEC 2003-E11: S/2003 J 1, 2003 J 2, 2003 J 3, 2003 J 4, 2003 J 5, 2003 J 6, 2003 J 7 4 de marzo do 2003 (descubrimento e efemérides)
- 1 2 Principais elementos orbitais extraidos de NASA JPL (agosto do 2006)
- ↑ Os actuais (14-07-2004, XD= 2453200,5) elementos orbitais foron extraidos de IAU-MPC NSES e son a= 0,2024818 UA, e=0,1882469 i=153,52114