Arche ten uns 3 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,717 millóns de km, tarda 746,185 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (162° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,149. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de km, con inclinacións duns 165°.
Recibiu oficialmente o seu nome no ano 2005. Arque na mitoloxía grega era segundo algúns escritores gregos[quen?] unha das catro Musas orixinais, engadida ás tres primeiras e anteriores (Aoede, Melete, e Mneme).[4]