Saltar ao contido

Aoede (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aoede
 Instancia de
 Epónimo
 Designación provisional
S/2003 J 7 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,4311 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital160,48205 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital714,66 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior23.044.196 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro4 km Editar o valor en Wikidata
Masa90 Pg Editar o valor en Wikidata
Densidade2,6 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Albedo0,04 Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente22,5 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
8 de febreiro de 2003 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0391_h Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Aoede (ou en grego Αοιδή), coñecida tamén coma Xúpiter XLI, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal S/2003 J 7.[1][2]

Aoede ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,044 millóns de km, tarda 714,657 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 160° con respecto á eclíptica (162° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,4311. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de km, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.

Recibiu oficialmente o seu nome en marzo do ano 2005, Aoede na mitoloxía grega era unha das tres Musas orixinais. Aoede era a musa das cancións e era filla de Zeus (Xúpiter) e Mnemosine.[3]

  1. "Satellites of Jupiter". IAUC (en inglés) (8087). 04 de marzo de 2003.
  2. MPEC 2003-E11: S/2003 J 1, 2003 J 2, 2003 J 3, 2003 J 4, 2003 J 5, 2003 J 6, 2003 J 7 4 de marzo do 2003 (descubrimento e efemérides)
  3. "Satellites of Jupiter". IAUC (en inglés) (8502). 30 de marzo de 2005.(bautizando a lúa)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]