Saltar ao contido

New Horizons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
New Horizons
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Persoas e organizacións
 Operador/a
Produción
 Fabricante
Características
 Impulsado por
GPHS-RTG (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Masa478 kg, 401 kg, 29,62 kg e 76,8 kg Editar o valor en Wikidata
Datas
 Lanzamento
19 de xaneiro de 2006 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
19 de xaneiro de 2006lanzamento espacial (Complexo de Lançamento 41 da Estação da Força Aérea de Cabo Canaveral (pt) Traducir)
13 de xuño de 2006sobrevoo
28 de febreiro de 2007sobrevoo planetario
14 de xullo de 2015sobrevoo planetario
1 de xaneiro de 2019sobrevoo planetario Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/022pl7 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2992257854 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: new.horizons1 Twitter: NASANewHorizons Instagram: newhorizonsmission Youtube: UC7yXXCSR3_UB12gNWETiygA Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A misión New Horizons (do inglés: Novos Horizontes) é unha misión espacial non tripulada da axencia espacial estadounidense (NASA) coa fin de explorar Plutón, os seus satélites e probablemente o Cinto de Kuiper. A sonda lanzouse dende a estación da Forza Aérea dos Estados Unidos de América do Cabo Cañaveral o 19 de xaneiro de 2006. New Horizons viaxou primeiro ata Xúpiter, onde chegou en febreiro-marzo de 2007. Ao seu paso por Xúpiter aproveitou a asistencia gravitatoria do planeta para incrementar a súa velocidade. Chegou ao punto mais próximo a Plutón o 14 de xullo de 2015, ás 11:49:04 UTC. Tras deixar atrás Plutón, sobrevoou o 1 de xaneiro de 2019 un obxecto do Cinto de Kuiper, 486958 Arrokoth,[1] ('ceo' na lingua algonquina), chamado así a raíz dun concurso de ideas para nomealo.[2][3]

Despois da Rosetta, que viaxou a uns 108 000 Km/h entre novembro de 2009 e agosto de 2014, grazas ás asistencias gravitacionais da Terra (tres veces) e de Marte (unha), e da Voyager 1 é a sonda espacial con maior velocidade, alcanzando respecto ao Sol unha diferenza máxima entre as velocidades inicial e final de 15,1 km/s. (54 000 km/h aproximadamente).[4]

  1. Talbert, Tricia (2018-03-13). "New Horizons Chooses Nickname for ‘Ultimate’ Flyby Target". NASA. Consultado o 2019-01-01. 
  2. Talbert, Tricia (2017-11-06). "Help Nickname New Horizons’ Next Flyby Target". NASA. Consultado o 2019-01-02. 
  3. NASA, ed. (12 de novembro de 2019). "Far, Far Away in the Sky: New Horizons Kuiper Belt Flyby Object Officially Named 'Arrokoth'". p. https://www.nasa.gov. Consultado o 9 de xaneiro 2020. 
  4. "Spacecraft escaping the Solar System". Heavens Above (en inglés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]