Erinome (lúa)
| Erinome | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Epónimo
| |
|
Designación provisional
| |
|
Astro pai
| |
| Características orbitais | |
| Apoapse | 28.853.322 km |
| Periastro | 17.119.250 km |
| Excentricidade orbital | 0,266 |
| Inclinación orbital | 163,73788 ° |
| Período orbital | 711,965 DD |
| Semieixo maior | 22.986.286 km |
| Características físicas | |
| Diámetro | 1,6 km |
| Masa | 45 Pg |
| Densidade | 2,6 g/cm³ |
| Albedo | 0,04 |
| Magnitude aparente | 22,8 |
| Persoas e organizacións | |
|
Descubridor/a
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Data descuberta
| |
| Wikidata C:Commons | |
Erinome (ou en grego Ερινόμη), tamén coñecida coma Xúpiter XXV, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2000, e recibiu a designación temporal S/2000 J 4.[1][2]
Erinome ten uns 3,2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,986 millóns de kms, tarda 711,965 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 164° con respecto á eclíptica (162° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2552. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.
Recibiu oficialmente o seu nome en outubro do ano 2002, Erinome na mitoloxía greco-romana era filla de Celes, e foi obrigada por Venus a namorarse de Xúpiter.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 7555: Satellites of Jupiter Arquivado 16 de setembro de 2002 en Wayback Machine. 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2001-A28: S/2000 J 2, S/2000 J 3, S/2000 J 4, S/2000 J 5, S/2000 J 6 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento e efemérides)
- ↑ USGS Gazetteer of Planetary Nomenclature