Sponde (lúa)
| Sponde | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Designación provisional
| |||||||
|
Astro pai
| |||||||
| Características orbitais | |||||||
| Excentricidade orbital | 0,3121 | ||||||
| Inclinación orbital | 151 ° | ||||||
| Período orbital | −734,89 d | ||||||
| Semieixo maior | 23.487.000 km | ||||||
| Características físicas | |||||||
| Diámetro | 2 km | ||||||
| Masa | 15 Pg | ||||||
| Albedo | 0,04 | ||||||
| Magnitude aparente | 23 | ||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Descubridor/a
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data descuberta
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Sponde (ou en grego Σπονδή), tamén coñecida coma Xúpiter XXXVI, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2001, e recibiu a designación temporal S/2001 J 5.[1][2]
Sponde ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 24,253 millóns de km, tarda 771,604 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 154° con respecto á eclíptica (156° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,443. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de km, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.
Recibiu oficialmente o seu nome en agosto do ano 2003, Sponde na mitoloxía grega era unha das Horas, a cal presidía a sétima hora (a das libacións despois do xantar).[3] As Horas, ademais de se-las deusas do tempo tamén o eran das estacións, así coma fillas de Zeus (Xúpiter) e Temis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 7900: Satellites of Jupiter 16 de maio do 2002 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter 15 de maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus 8 de agosto do 2003 (bautizando a lúa)