Calicore (lúa)
| Calicore | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Epónimo
| |||
|
Designación provisional
| |||
|
Astro pai
| |||
| Características orbitais | |||
| Excentricidade orbital | 0,2041 | ||
| Inclinación orbital | 165 ° | ||
| Período orbital | 717,806 DD | ||
| Semieixo maior | 23.111.844 km | ||
| Características físicas | |||
| Diámetro | 2 km | ||
| Masa | 15 Pg | ||
| Densidade | 2,6 g/cm³ | ||
| Gravidade superficial | 0,00081 m/s² | ||
| Albedo | 0,04 | ||
| Magnitude aparente | 23,7 | ||
| Persoas e organizacións | |||
|
Descubridor/a
| |||
| Datas e cronoloxía | |||
|
Data descuberta
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Wikidata | |||
Calicore (ou en grego Καλλιχόρη), tamén coñecida coma Xúpiter XLIV, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal S/2003 J 11.[1][2]
Calicore ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,112 millóns de kms, tarda 717,806 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (164° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2042. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.
Recibiu oficialmente o seu nome en marzo do ano 2005, segundo algúns autores, Calicore era unha Nisíade, unha das ninfas que coidaron de Dioniso e segundo outros autores era unha das Musas, e coma tal filla de Zeus.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 8089: Satellites of Jupiter 7 de marzo do 2003 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2003-E29: S/2003 J 9, 2003 J 10, 2003 J 11, 2003 J 12; S/2003 J 1, 2003 J 6 3 de abril do 2003 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 7998: Satellites of Jupiter 22 de outubro do 2002 (bautizando a lúa)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]