Saltar ao contido

Cámara dos Lords

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cámara dos Lords
 Instancia de
 Parte de
Representación esquemática
Escanos
 Número de escanos
808 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Cargo dirixente
 Presidente/a
John McFall, Barão McFall de Alcluith (pt) Traducir 1 de maio de 2021
Norman Fowler (pt) Traducir 1 de setembro de 2016 - 30 de abril de 2021 Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Fundación
1 de xaneiro de 1801 Editar o valor en Wikidata
 Substitúe a
Localización
 Sede
 Xurisdición
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: UKHouseofLords Twitter: ukhouseoflords Bluesky: houseoflords.parliament.uk Youtube: UCI_4WZYDHY9Dvb_zUq1_4HQ Flickr: 92933371@N05 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Cámara dos Lords,[1] (en inglés House of Lords),[2] tamén coñecida como House of Peers,[3] é a cámara alta do Parlamento do Reino Unido,[4] oficialmente Os Moi Honorables Lords Espirituais e Temporais do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte reunidos en Parlamento (The Right Honourable the Lords Spiritual and Temporal of the United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland in Parliament assembled).

Está formada por representantes da aristocracia británica, así como por 24 bispos e dous arcebispos.[2]

Tivo gran poder ata o século XIX, xa que podía rexeitar calquera lei aprobada na Cámara dos Comúns. Hoxe en día ten un papel simbólico e tradicional.

Ao contrario do que ocorre na Cámara dos Comúns, os membros da Cámara dos Lords non se elixen mediante elección, dividíndose segundo o seu dereito a formar parte da Cámara en «lords espirituais» e «lords temporais». Os lords espirituais son 26 bispos elixidos polo seu prestixio e a súa dilatada carreira eclesiástica dentro da Igrexa anglicana. Os lords temporais conforman o resto, sendo a maioría membros con dereito vitalicio non hereditario, nomeados polo Rei co asesoramiento do primeiro ministro. Isto é así porque, antigamente, o dereito a formar parte da Cámara dos Lords como lords temporais era exclusivamente hereditario; pero actualmente, e tras sucesivas reformas, os membros por herdanza desta Cámara son só unha pequena porción. Desde marzo de 2010, a Cámara dos Lords conta con 788 membros, 138 máis que a Cámara dos Comúns, que conta con 650.

O Lord Speaker (presidente da Cámara) desde 2021 é John McFall, Barón McFall of Alcluith.[5]

O Palacio de Westminster, sede da Cámara dos Lords e da Cámara dos Comúns

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Shell, Donald (2007): The House of Lords (3rd ed.). Machester: Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-5443-3.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]