Aldea global

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aldea global é o termo empregado habitualmente para describir as consecuencias da globalización da información e dos medios de comunicación, en especial desde a invención de Internet. O termo foi empregado por vez primeira por P. Wyndham Lewis no libro America and Cosmic Man, publicado en 1948. Habitualmente emprégase como metáfora para describir Internet e a World Wide Web, que globalizan a comunicación permitindo que usuarios de todo o mundo se conecten entre si, permitindo a comunicación directa entre toda a poboación como se fose unha aldea.[1] Esta nova realidade podería ter implicacións sociolóxicas ao formar novas estruturas dentro do contexto da cultura.

En 1968 o sociólogo canadense Marshall McLuhan publicou o ensaio Guerra e paz na Aldea Global, onde desenvolve dito concepto.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. McLuhan, Marshall. Letters of Marshall McLuhan. (Oxford University Press, 1987) p254.
  2. Eduardo Colina, Carlos. UCO, ed. "McLuhan y las tecnologías de la comunicación." (PDF). Consultado o 21 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]