Marshall McLuhan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marshall McLuhan
Marshall McLuhan.jpg
Nacemento21 de xullo de 1911
 Edmonton
Falecemento31 de decembro de 1980
 Toronto
NacionalidadeCanadá
Relixióncatolicismo
Alma máterTrinity Hall
Ocupaciónfilósofo, escritor, catedrático de universidade, sociólogo e crítico literario
FillosEric McLuhan
PremiosPrêmio Molson, Companion of the Order of Canada e Governor General's Award for English-language non-fiction
editar datos en Wikidata ]

Herbert Marshall McLuhan ([məˈkluən]), nado en Edmonton o 21 de xullo de 1911 e finado en Toronto o 31 de decembro de 1980, foi un filósofo, erudito e profesor canadense.

Profesor de literatura inglesa, crítica literaria e teoría da comunicación, McLuhan é recoñecido como un dos fundadores dos estudos sobre os medios, e pasou á posteridade como un dos grandes visionarios da presente e futura sociedade da información. Cara a finais da década de 1960 e principios dos anos 1970, McLuhan acuñou a expresión «aldea global» para describir a interconexión humana a escala global xerada polos medios electrónicos de comunicación.[1] É famosa a súa frase «o medio é a mensaxe».[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Herbert Marshall McLuhan naceu en 1911 en Edmonton, Alberta, Canadá, fillo de Herbert Marshall e Elsie Hall, un axente inmobiliario e unha ex-actriz. A familia McLuhan trasladouse a Winnipeg, Manitoba, mentres Marshall era aínda un neno.[3]

Estando en Winnipeg, McLuhan logrou un "BA" (Licenciatura en letras) e un "MA" (Máster) en lingua inglesa, na Universidade de Manitoba. McLuhan matriculouse despois na Universidade de Cambridge. Doutorouse aos 31 anos de idade na Universidade de Cambridge, e na súa tese de doutoramento, chamada The place of Thomas Nashe in the learning of his estafe, analizou a obra do dramaturgo inglés Thomas Nashe. Alí ensinou a I. A. Richards e F. R. Leavis, e foi influído polo New Criticism. Destacouse pola súa destreza física para a bésta, gañando varios torneos internacionais entre 1935 e 1936. Entre 1936 e 1937, McLuhan deu clases como profesor adxunto na Universidade de Wisconsin.

O 30 de marzo de 1937, McLuhan culminou a súa conversión á fe católica, tras un longo proceso. A continuación impartiu clases en institutos superiores católicos. Dende 1937 até 1944 ensinou inglés na Universidade de Saint Louis, onde se fixo amigo de Walter J. Ong (1912-2003), quen logo realizou un doutoramento sobre un tema respecto do cal McLuhan lle chamara a atención, e quen logo sería coñecido á súa vez como unha autoridade das comunicacións e a tecnoloxía.

Un total de nove universidades concedéronlle doutoramentos honoris causa: University of Windsor (1965), Assumption University (1966), University of Manitoba (1967), Simon Fraser University (1967), Grinnell University (1967), St. John Fisher College (1969), University of Alberta (1971), University of Western Ontario (1972), Universidade de Toronto (1977).[4]

Pensamento[editar | editar a fonte]

Durante os anos na Universidade de Saint Louis (1937-1944), McLuhan traballou evidentemente en dous ambiciosos proxectos: a súa disertación de doutoramento e o seu manuscrito que foi publicado en 1951 como o libro de The Mechanical Bride, que incluía só unha selección representativa dos materiais que McLuhan preparara para el.

O doutoramento da Universidade de Cambridge, logrado en 1943, revisa a súa disertación sobre a historia das artes verbais (gramática, dialéctica, lóxica e retórica). McLuhan algunhas veces utiliza o concepto en latín de trivium[5] para destacar unha orde sistemática da visión de certos períodos da historia cultural de Occidente. Suxire que a Idade Media, por exemplo, se caracterizou en gran medida pola énfase no estudo da lóxica. A clave que levou ao Renacemento non foi o redescubrimento dos textos antigos, senón máis ben a renovada importancia que se lle deu á retórica e á linguaxe por riba do estudo da lóxica. Este cambio realizado no Renacemento humanista foi un cambio na énfase dada non totalmente á eliminación da arte verbal. A Idade Moderna caracterízase polo rexurdimento da gramática como o seu tema máis sobresaliente.

McLuhan é o creador de numerosos conceptos hoxe moi populares acerca dos medios de difusión masiva e a sociedade da información, talles como a Galaxia Gutenberg, a aldea global, a diferenciación entre medios fríos e quentes e a descrición dos medios de comunicación como extensións da persoa.

Creou a revista académica Explorations co antropólogo Edmund "Ted" Carpenter. Nunha carta a Walter Ong con data do 31 de maio de 1953, McLuhan informou de que recibira unha bolsa de dous anos por 43000 dólares da Ford Foundation para levar a cabo a comunicación dun proxecto na Universidade de Toronto involucrando profesores de diferentes disciplinas, o que levou á creación da revista.[6]

McLuhan saltou á fama en 1964, cando publicou Understanding Media. O libro, sen recursos publicitarios, transformouse nun best-séller en Harvard e outras universidades.

Legado[editar | editar a fonte]

Colexio San Miguel da Universidade de Toronto

McLuhan influenciou grandes pensadores, críticos culturuales, e teóricos como Neil Postman, Jean Baudrillard, Timothy Leary, Terence McKenna, William Irwin Thompson, Paul Levinson, Douglas Rushkoff, Jaron Lanier, Hugh Kenner e John David Ebert. Tamén foi influencia de líderes políticos como Pierre Elliott Trudeau e Jerry Brown. Crese que o famoso pintor e creador do movemento Pop Art, Andy Warhol adaptou e parafraseou a teoría da Aldea Global de McLuhan coa súa frase "Todos temos dereito a ter os nosos 15 minutos de fama".[7] A personaxe Brian Ou'Blivion no filme de David Cronenberg de 1983 Videodrome é un "oráculo dos medios" baseado en McLuhan. En 1991, McLuhan foi nomeado o "santo patrón" da revista Wired. Á súa vez, a banda de rock Genesis noméao nunha canción chamada "Broadway Melody of 1974", que aparece no álbum The Lamb Lies Down on Broadway. No episodio de The Sopranos chamado "House Arrest", tamén nomean a McLuhan.

Un novo centro en Toronto chamado McLuhan Program in Culture and Technology (Cultura e Tecnoloxía: Programa McLuhan), foi creado en 1980, logo da súa morte.[8] Dende 1994, é parte da Facultade de Estudos de Información da Universidade de Tornonto e no 2008, o programa de Cultura e Tecnoloxía McLuhan asociouse co instituto Coach House.

Dende o 2008 ao 2015, o profesor Dominique Scheffel-Dunand da Universidade de York, desempeño como director do programa. En 2011, no momento do seu centenario, o Instituto Coach House estableceu un programa de Bolsas Centenarias Marshall McLuhan na súa honra, e cada ano designa ata catro bolseiros por un máximo de dous anos. En maio do 2016, o Instituto Coach House pasou a chamarse Centro McLuhan de Cultura e Tecnoloxía.

En Toronto, a escola secundaria católica Marshall McLuhan leva o seu nome.

Obras[editar | editar a fonte]

  • 1950: Enok In Graff: Making poetry and painting culture (producido por Harley Agel)
  • 1951: The Mechanical Bride: Folklore of Industrial Man (1.ª ed.: The Vanguard Press, Nova York 1951) (Gingko Press) ISBN 1-58423-050-9
  • 1960: Report on Project in Understanding New Media. National Association of Educational Broadcasters.
  • 1960: Explorations in Communication, editado con Edmund Carpenter. (1.ª Ed: Beacon Press: Boston 1960)
  • 1962: The Gutenberg Galaxy: The Making of Typographic Man (Routledge & Kegan Paul) ISBN 0-7100-1818-5
  • 1964: Understanding Media: The Extensions of Man (Gingko Press) ISBN 1-58423-073-8
  • 1967: The Medium is the Massage (con Quentin Fiore; producido por Jerome Agel) (Random House) ISBN 1-58423-070-3
  • 1967: Verbo-Voco-Visual Explorations (1.ª ed: Something Else Press, Nova York 1967)
  • 1968: War and Peace in the Global Village (deseño de Quentin Fiore; producido por Jerome Agel) ISBN 1-58423-074-6
  • 1968: Through the Vanishing Point - space in poetry and painting (con Harley Parker) (1.ª Ed.: Harper & Row, Nova York 1968)
  • 1969: Counterblast (design/layout by Harley Parker) (1.ª ed: McClelland and Steward, Toronto 1969)
  • 1970: Culture is Our Business (1.ª ed: McGraw Hill, Nova York 1970)
  • 1970: From Cliché to Archetype (con Wilfred Watson) (1.ª ed: Viking, Nova York 1970)
  • 1970: Take Today: the Executive As Dropout (con Barrington Nevitt). (1.ª ed: Harcourt Brace Jovanovish, Nova York 1970)
  • 1977: City As Classroom: Understanding Language and Media (con Eric McLuhan) (1.ª Ed: University of Toronto Press, Toronto 1977)
  • 1988: Laws of Media: The New Science (con Eric McLuhan) (1.ª ed: University of Toronto Press, Toronto 1988)
  • 1989: The Global Village (con Bruce R. Powers) (Oxford University Press) ISBN 0-19-505444-X
  • 2004: Understanding Me (editado por Stephanie McLuhan e David Staines),The MIT Press, ISBN 0-262-13442-X
  • 2006: The Classical Trivium. Corte Madera: Gingko Press. ISBN 1-58423-067-3.

Entrevistas publicadas[editar | editar a fonte]

  • "Understanding Canada and Sundry Other Matters: Marshall McLuhan", Mademoiselle, xaneiro de 1967, pp. 114–115, 126-130.
  • "Playboy Interview: Marshall McLuhan", Playboy, marzo de 1969, pp. 26–27, 45, 55-56, 61, 63.
  • "The Table Talk of Marshall McLuhan", por Peter C. Newman. Maclean's, xuño de 1971, pp. 42, 45.
  • "An Interview with Marshall McLuhan: His Outrageous Views About Women." por Linda Sandler. Miss Chatelaine, 3 de setembro de 1974, pp. 58–59, 82-87, 90-91.
  • "Predicting Interactive Communication via the Internet",[9] por Robert Fulford. Canadian Broadcasting Corporation 1966.
  • "The End of Polite Society".[10] Canadian Broadcasting Corporation, The Way It Is, 1968.
  • "Violence as a Quest for Identity",[11] por Mike McManus, The Mike McManus - 1977
  • "The Communications Revolution".[12] Ohio State University 1960
  • "Living in an Acoustic World".[13] University of South Florida 1970

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marshall, McLuhan (1998). La galaxia Gutenberg: génesis del homo typographicus (1.ª ed ed.). Círculo de Lectores. ISBN 9788422674917. OCLC 42702066. 
  2. McLuhan, Marshall; Jerome, Angel (1988). El medio es el masaje (en castelán) (1a ed ed.). Paidós. ISBN 9788475090153. OCLC 41526283. 
  3. McLuhan, Marshall (marzo de 1969). "The Playboy Interview".
  4. Doutoramentos honoris causa.
  5. McLuhan, Marshall (2006). The classical trivium : the place of Thomas Nashe in the learning of his time. Gingko Press. ISBN 1584230673. OCLC 61748350. 
  6. Plummer, Kevin (3 de maio de 2014). "Historicist: Explorations at the Vanguard of Communications Studies". Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  7. "El medio es y no es el mensaje Paradoja nº2 |". wordpress.danieltubau.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  8. "Cultura y Tecnología: El Programa McLuhan en el medio universitario <<!>> educ.ar". portal.educ.ar (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  9. "Predicting Interactive Communication via the Internet". Marshall McLuhan Speaks Special Collection (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  10. "The End of Polite Society". Marshall McLuhan Speaks Special Collection (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  11. "Violence as a Quest for Identity". Marshall McLuhan Speaks Special Collection (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  12. "The Communications Revolution". Marshall McLuhan Speaks Special Collection (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  13. "Living in an Acoustic World". Marshall McLuhan Speaks Special Collection (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]