World Trade Center (1973–2001)
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Torres Xemelgas | |
---|---|
O World Trade Center orixinal na cidade de Nova York en marzo do 2000. O edificio de cor vermella (ao fondo á esquerda das Torres Xemelgas) é o World Trade Center 7 orixinal. | |
Coordenadas | 40°42′41″N 74°00′45″O / 40.711388888889, -74.0125Coordenadas: 40°42′41″N 74°00′45″O / 40.711388888889, -74.0125 |
Construción | |
Inicio | 1968 |
Remate | 1971 |
Destruído | 11 de setembro de 2001 |
Dimensións | |
Altura | 1 WTC: 417 metros 2 WTC: 415,1 metros |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Minoru Yamasaki Leslie Robertson |
[ editar datos en Wikidata ] |
O World Trade Center (en galego: Centro Mundial de Comercio) foi un complexo de varios edificios no Lower Manhattan, na cidade de Nova York, Estados Unidos, sendo os dous máis altos coñecidos como Torres Xemelgas (en inglés: Twin Towers). Foron deseñadas polo arquitecto estadounidense de orixe xaponesa Minoru Yamasaki e por Leslie Robertson.
O World Trade Center orixinal era un complexo de sete edificios. Incluía as emblemáticas Torres xemelgas, inauguradas o 4 de abril de 1973, e destruídas nos atentados do 11 de setembro de 2001, xunto co World Trade Center 7. Os outros edificios do complexo foron danados nos ataques e posteriormente demolidos. O sitio foi reconstruído con cinco novos rañaceos e un monumento ás vítimas dos ataques. O One World Trade Center é o edificio principal do novo complexo, chegando a ter máis de 100 pisos á hora da súa finalización. Unha sexta torre atópase á espera de ser confirmada.
Historia e características[editar | editar a fonte]
O complexo do World Trade Center comezou a edificarse no ano 1963 coa torre norte e a continuación seguiulle a torre sur. A primeira rematouse no ano 1972, e a segunda en 1973, ano no que foi inaugurado o complexo. O World Trade Center 7 era un edificio un pouco retirado do centro do WTC, medía 174 metros, tiña 47 andares e rematouse no ano 1987.
O complexo completábase cos edificios World Trade Center 5, 4 e 6. Estes tiñan entre 7 e 9 andares e finalizáronse entre 1972 e 1977.
No 1995 Garri Kasparov defendeu o seu título de Campión do Mundo versión PCA contra o indio Viswanathan Anand nas Torres xemelgas.
Atentados do 11 de setembro de 2001[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Atentados do 11 de setembro de 2001.
O 11 de setembro de 2001 o complexo foi destruído por dous avións comerciais secuestrados por terroristas islámicos de Al Qaida, nos que morreron 2 749 persoas que se atopaban nas torres no momento do ataque.
O colapso das dúas torres tamén supuxo a destrución do World Trade Center 3, un hotel de 22 andares. Os tres edificios restantes do complexo resultaron gravemente danados, tendo que ser derrubados despois.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: World Trade Center ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- World Trade Center – Silverstein Properties (en inglés)