Mortalidade infantil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taxas de mortalidade infantil no mundo en 2008.[1]

A mortalidade infantil é o indicador demográfico que sinala o número de defuncións de nenos nunha poboación de cada mil nacementos vivos rexistrados, durante o primeiro ano da súa vida.[2]

As principais causas de mortalidade infantil son asfixia no nacemento, pneumonía, complicacións no parto, infección neonatal, diarrea, malaria e malnutrición.[3] Moitos factores inflúen na mortalidade infantil, como o nivel educativo da nai, as condicións sociais e a infrestrutura política e médica. A mellora da sanidade, o acceso a auga potable, a inmunización contra enfermidades infecciosas e outras medidas de saúde pública poden axudar a reducir a mortalidade infantil.

A mortalidade infantil foi un indicador empregado para monitorizar o progreso nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio das Nacións Unidas para o ano 2015. É un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Infant Mortality Rates in 2008 Population Reference Bureau
  2. Julio Pérez Díaz (21 de novembro de 2010). "Mortalidad intrauterina y mortalidad infantil". Apuntes de demografía (en español). Consultado o 28 de marzo de 2014. Clasificación OMS 
  3. [1] Causes of infant mortality
  4. UN-DESA (ed.). "Sustainable Development Knowledge Platform". Consultado o 23 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]