Eduardo Galeano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Galeano
Nome completoEduardo Germán María Hughes Galeano
Nacemento3 de setembro de 1940
Lugar de nacementoMontevideo
Falecemento13 de abril de 2015
Lugar de falecementoMontevideo
Causacancro de pulmón
NacionalidadeUruguai
Ocupaciónpoeta, escritor, xornalista e ensaísta
CónxuxeHelena Villagra
Coñecido porAs Veias Abertas da América Latina, Days and Nights of Love and War, Memoria del fuego, Memory of Fire: 2. Faces and Masks, Memory of Fire: 3. Century of the Wind, The Book of Embraces, We Say No: Chronicles, 1963 - 1991, Walking Words, Football in Sun and Shadow, Upside Down: A Primer for the Looking Glass World, Voices of Time: A Life in Stories, Mirrors e Children of the Days
PremiosStig Dagerman Prize, American Book Awards, Premio Manuel Vázquez Montalbán de xornalismo deportivo, Lannan Cultural Freedom Prize e José María Arguedas Prize
Na rede
IMDB: nm0301947 Twitter: EduardoGGaleano Bitraga: 4196 Musicbrainz: 61ef8dae-3896-4991-83b3-5dd71d53cf8e Discogs: 2045756 Find a Grave: 151414105 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Hughes Galeano, nado en Montevideo o 3 de setembro de 1940 e finado na mesma cidade o 13 de abril de 2015, foi un xornalista e escritor uruguaio, un dos persoeiros máis destacados da literatura iberoamericana.

Os seus libros foron traducidos a varios idiomas. Os seus traballos transcenden xéneros ortodoxos, combinando documental, ficción, xornalismo, análise política e historia. Galeano nega ser un historiador: "Soy un escritor que quisiera contribuir al rescate de la memoria secuestrada de toda América, pero sobre todo de América Latina, tierra despreciada y entrañable". Clasifícase como un xornalista que estuda a globalización e os seus efectos negativos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia católica de clase media con devanceiros galeses, alemáns, españois e italianos. Durante a súa adolescencia transitou por diversos traballos: foi mecánico de coches, recaudador, pintor de carteis, mensaxeiro, mecanógrafo e caixeiro. Con 14 anos vendeu a súa primeira caricatura política a El Sol, o semanario do Partido Socialista.

Comezou a súa carreira como xornalista a principios dos anos 60 como editor de Marcha (1960-64), un semanario que, baixo a dirección de Carlos Quijano, exerceu forte influencia no pensamento uruguaio da época, e que contou con contribucións de autores como Mario Vargas Llosa, Mario Benedetti, Manuel Maldonado Denis ou Roberto Fernández Retamar. Durante dous anos editou o diario Época e traballou como editor xefe na prensa universitaria.

En 1973 o golpe militar tomou o poder e, debido ó seu involucramento con correntes marxistas (MLN-T), Galeano foi capturado e logo forzado a escapar. Estableceuse na Arxentina, onde fundou a revista cultural Crisis.

En 1976, cando o réxime de Jorge Rafael Videla tomou o poder na Arxentina mediante un golpe militar que deu orixe a unha ditadura, o seu nome foi agregado á lista de condenados polos escuadróns da morte, razón pola que se viu obrigado a fuxir novamente, esta vez a España, onde escribiu a súa famosa triloxía Memoria del fuego.

Reside desde 1985 -tras finalizar a ditadura uruguaia- no seu Montevideo natal, onde segue facendo a súa literatura e o seu xornalismo de marcada tinguidura política.

Obras[editar | editar a fonte]

Las venas abiertas de América Latina (1971) é a súa obra máis coñecida, un acta de acusación da explotación de Latinoamérica por poderes estranxeiros a partir do século XV. A súa extensa bibliografía e minuciosa investigación permitiu ó autor plasmar cruamente a problemática sociolóxica, económica e política de América Latina.

Memoria del fuego, obra amplamente aclamada pola crítica, é un relato da historia de América dividido en tres tomos. Os seus personaxes son figuras históricas, xenerais, artistas, revolucionarios, obreiros, conquistadores e conquistados, que son presentados en episodios breves que reflicten á súa vez a historia colonial do continente. Comeza cos mitos de creación pre-colombinos e culmina na década de 1980.

Foi galardonado co Premio Casa de las Américas en dúas ocasións: en 1975 pola novela La canción de nosotros, e en 1978 por Días y noches de amor y de guerra, de xénero testemuñal.

Galeano foi comparado con John Dos Passos e Gabriel García Márquez[Cómpre referencia].

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • A banda venezolana de punk crust "Los Dólares" publicou en 2003 un álbum que é unha interpretación musical do libro Las venas abiertas de América Latina.
  • A banda arxentina de rock/ska Los Fabulosos Cadillacs ten un álbum titulado "Rey Azúcar", que é o título dun dos capítulos de Las venas abiertas..., libro que tamén dá nome a unha das cancións.
  • No 2004 a banda mallorquina La Gran Orquesta Republicana publicou o disco Abrazos", no que inclúen textos de Eduardo Galeano, como "La noche", "El miedo global" ou "La pequeña muerte".
  • A banda arxentina Shaila inclúe un anaco de Las venas abiertas... no tema "Sudamérica II - El Fracaso Regional", do seu disco Camino a Idilia. Non é a primeira vez que Shaila se identifica con Galeano, xa que tamén se alude a el nos temas "Utopía", do disco El Engaño, e en "La historia somnolienta de América Latina", do disco Mañanas.
  • No 2008 Gerardo Pablo, un trobador contemporáneo mexicano, lanzou o disco Los Numerosos Nadies, baseado nos textos de Galeano, usando algúns deles directamente sobre as súas cancións, como a que dá título ó álbum, "Los numerosos nadies" que inclúe o texto "Los nadies" do Libro de los Abrazos.
  • O grupo uruguaio Cuarteto de Nos fai unha referencia despectiva de Las venas abiertas de América Latina en "No somos Latinos", canción do disco Cortamambo.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Los días siguientes (1963)
  • China (1964)
  • Guatemala (1967)
  • Reportajes (1967)
  • Los fantasmas del día del léon y otros relatos (1967)
  • Su majestad el fútbol (1968)
  • ¡Manos arriba!
  • Las venas abiertas de América Latina (1971)
  • Siete imágenes de Bolivia (1971)
  • Violencía y enajenación (1971)
  • Crónicas latinoamericanas (1972)
  • Vagamundo (1973)
  • La canción de nosotros (1975)
  • Conversaciones con Raimón (1977)
  • Días y noches de amor y de guerra (1978)
  • La piedra arde (1980)
  • Voces de nuestro tiempo (1981)
  • Memoria del fuego (1982-1986)
  • Aventuras de los jóvenes dioses (1984)
  • Ventana sobre Sandino (1985)
  • Contraseña (1985)
  • La encrucijada de la biodiversidad colombaina (1986)
  • El descubrimiento de América que todavía no fue y otros escritos (1986)
  • El tigre azul y otros artículos (1988)
  • Entrevistas y artículos (1962-1987) (1988)
  • El libro de los abrazos (1989)
  • Nosotros decimos no (1989)
  • América Latina para entenderte mejor (1990)
  • Palabras: antología personal (1990)
  • Ser como ellos y otros artículos (1992)
  • Amares (1993)
  • Las palabras andantes (1993)
  • Úselo y tírelo (1994)
  • El fútbol a sol y sombra (1995)
  • Patas arriba: Escuela del mundo al revés (1998)
  • Bocas del Tiempo (2004)
  • Carta ao señor futuro (2007)
  • Espejos. Una historia casi universal (2008)
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011, Galaxia).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]