Soneto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soneto.

Un soneto é un subxénero da lírica consistente nunha composición poética de catorce versos hendecasílabos (de once sílabas), dispostos en dous cuartetos e dous tercetos. Pode ter rima abba abba cdc dcd, abba abba cde cde, abba abba cde edc (soneto italiano)[1], abba abba ccd eed, abba abba cdc ede (soneto francés) ou abab cdcd efef gg (soneto inglés, cuxas dúas primeiras estrofas son serventesios)[1].

Francesco Petrarca[2] foi o máis famoso autor de sonetos.

Uso na Literatura Galega[editar | editar a fonte]

Coma estrutura poética culta o soneto ten sido empregado por diversos autores. Xa Manuel Curros Enríquez no seu poemario Aires da miña Terra, publicado no 1880, empregaba os sonetos de rima tradicional: abba abba cdc dcd. Coma exemplo citar os sonetos Pelegrinos, a Roma, Diante unha imaxe de Íñigo de Loyola ou A Luciano Puga. Porén foi Ramón Cabanillas quen máis traballou este estrutura. No seu poemario, Da Terra asoballada, podemos atopar sonetos con rima tradicional abba abba cde cde, por exemplo os sonetos O noso señor Santiago e ¡Pondal!. Porén tamén hai exemplos de soneto francés con rima abba abba cdc ede, coma os poemas: A Rosalía de Castro, A Brañas. Ou soneto francés en rima abba abba ccd eed, coma o poema A Don Manuel Murguía.

Outros Exemplos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.