Garuda Indonesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Garuda Indonesian Airways»)
Garuda Indonesia
IATA
GA
OACI
GIA
Indicativo
INDONESIA
Fundación1 de agosto de 1947 (como KLM Interinsulair Bedrijf)
Inicio das operacións29 de xaneiro de 1949
Plan de voo frecuenteGarudaMiles
AlianzaSkyTeam
SubsidiariasAerowisata, Citilink, GMF AeroAsia
Frota144
Destinos133
Eslogan da compañíaThe Airline of Indonesia
SedeAeroporto Internacional Soekarno-Hatta
Páxina web: https://www.garuda-indonesia.com

Garuda Indonesia é a aeroliña nacional de Indonesia. Chamada así por Garuda, paxaro sagrado do hinduísmo e símbolo nacional do país, a compañía ten a súa sede no aeroporto Internacional Soekarno-Hatta en Tangerang, preto de Iacarta. A aeroliña anteriormente era coñecida como Garuda Indonesian Airways.

Fundada en 1947 como KLM Interinsulair Bedrijf, a aeroliña e nestes momentos unha das principais do mundo e é o membro número 20 da alianza global de aeroliñas SkyTeam. Realiza voos regulares a un gran número de destinos no Sueste Asiático, Asia Oriental, Australia e Europa dende o seu principal centro de conexións no aeroporto Internacional Soekarno-Hatta de Iacarta, ademais de realizar servizos a Australia e Asia dende o aeroporto Internacional Ngurah Rai de Balí e un gran número de voos domésticos dende o aeroporto internacional Sultan Hasanuddin en Makassar e o aeroporto Internacional Kuala Namu en Medan.

No seu pico de actividade dende finais dos 80 ata mediado dos 90 Garuda operaba unha extensa rede de voos por todo o mundo, con servizos regulares a Os Ánxeles, París, Roma, Fukuoka, Adelaide e outras cidades en Europa, Australia e Asia.[1] A finais dos 90 e principios dos 2000, unha serie de dificultades económicas e operacionais golpearon duro á aeroliña, incluíndo a morte nun voo dun activista polos dereitos humanos a mans de persoal da compañía,[2] facendo que se reducisen drasticamente os seus servizos. No ano 2009 a aeroliña iniciou un plan de modernización de cinco anos coñecido como Quantum Leap, o cal revisou a marca, a librea, o logo e os uniformes, ademais de mercar avións máis novos ter instalacións máis modernas, renovando o enfoque ara mercados internacionais.

Frota[editar | editar a fonte]

Actual[editar | editar a fonte]

En decembro de 2020 a frota de Garuda Indonesia estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de Garuda Indonesia
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
F B E Total
Airbus A330-200 7 36 186 222
Airbus A330-300 17 36 215 251
24 263 287
360 360
Airbus A330-900neo 3 11[4] 24 277 301
ATR 72-600 13 70 70 Operando baixo a submarca Explore.
Van ser transferidos a Citilink.[5]
Boeing 737-800 73 12 150 162
162 174
Boeing 737 MAX 8 1 49[6] 8 162 170
Boeing 777-300ER 10 8 38 268 314
26 367 393
Bombardier CRJ1000 18 12 84 96 Operando baixo a submarca Explore Jet.
Van ser retirados.[7]
Frota de carga de Garuda Indonesia
Airbus A330-200F 1 Carga Vai ser convertido a partir dun avión de pasaxeiros.[8]
Boeing 737-500F 2 Carga Convertidos a partir de avións de pasaxeiros.
Boeing 737-800BCF 2 Carga Entregas a partir de 2020.
Alugados a GECAS.[9]
Total 144 63

Histórica[editar | editar a fonte]

Frota histórica de Garuda Indonesia[10]
Avión Total Introducido Retirado Substituto Notas
Airbus A300B4-200FF 8 1981 1999 Airbus A330 Cliente de lanzamento
Airbus A300-600R 13 1990 1997 Airbus A330
Airbus A340-300 1 2000 2001 Ningún Alugado a China Southwest Airlines
Boeing 707 1 1989 1989 Ningún
Boeing 720 2 1975 1976 Ningún
Boeing 737-200C 2 1997 Descoñecido Descoñecido
Boeing 737-300 29 1989 2014 Boeing 737-800
Bombardier CRJ1000
Boeing 737-400 27 1993 2012 Boeing 737-800
Boeing 737-500 5 1997 2015 Boeing 737-800
Bombardier CRJ1000
Boeing 747-100 7 1991 1993 Ningún Todos alugados para voos hajj
Boeing 747-200B 33 1980 2003 Boeing 747-400
Boeing 747-200M 1 1992 1995 Ningún Alugado a South African Airways
Boeing 747-300 11 1996 2009 Ningún Todos os avións eran alugados
Boeing 747-400 14 1994 2017 Boeing 777-300ER
Boeing 767-200ER 2 2008 2009 Ningún Alugados a Thomsonfly
Boeing 767-300ER 17 2002 2012 Ningún Todos os avións eran alugados
Consolidated PBY-5A Catalina Descoñecido 1950 1953 Descoñecido
Convair 240 8 1950 1965 Fokker F27-200
Convair 340 8 1952 1968 Fokker F27-200 O primeiro voo hajj operouse con este avión
Convair CV-440 3 1956 1970 Fokker F27-200
Convair CV-990 3 1962 1975 Douglas DC-8-50 Primeiro reactor da frota
de Havilland Heron 14 1952 1956 Descoñecido
Douglas DC-3 27 1949 1970 Fokker F27-200
Lockheed L-188 Electra
Douglas DC-8-30 4 1969 1975 Descoñecido
Douglas DC-8-50 6 1972 1980 Airbus A330
Douglas DC-8-60 1 1974 1976 Ningún Alugado a World Airways
Fokker F27-200 Descoñecido 1967 1975 Fokker F28 Mk-1000
Fokker F27-600 12 1969 1977 Fokker F28 Mk-1000
Fokker F28 Mk-1000 24 1969 1982 Fokker F28 Mk-3000
Fokker F28 Mk-3000 7 1973 1999 Boeing 737 Classic Cliente de lanzamento
Fokker F28 Mk-4000 Descoñecido 1978 2001 Boeing 737 Classic
Fokker 100 1 1993 1994 Ningún Alugado a Merpati Nusantara Airlines
Lockheed L-188 Electra 3 1960 1976 Boeing 737 Classic
Lockheed L-1011 TriStar 1 1990 1990 Ningún Alugado a Royal Jordanian Airlines
McDonnell Douglas DC-9-30 25 1970 1993 Boeing 737 Classic
McDonnell Douglas DC-10-10 1 1989 1989 Ningún Alugado a Key Airlines
McDonnell Douglas DC-10-30 26 1976 2005 Airbus A330
McDonnell Douglas MD-11 18 1991 2001 Airbus A330
Scottish Aviation Twin Pioneer Descoñecido 1962 1963 Descoñecido


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Routes Online (ed.). "1995/96: Garuda Indonesia International Network". Consultado o 3 de decembro de 2016. 
  2. Spaeth, Anthony (6 de decembro de 2004). "Death in Flight 974: Who was responsible for the poisoning of one of Indonesia's bravest human rights advocates?". Time. 
  3. "Garuda Indonesia Fleet Details and History – Planespotters.net Just Aviation". Planespotters.net. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  4. "Garuda Indonesia to receive 14 A330neo". Airbus. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  5. "Garuda Indonesia Alihkan 2 Unit Pesawat ke Citilink - Market Bisnis.com" (en indonesio). 1 de febreiro de 2019. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  6. "Garuda Indonesia Tunggu Izin Kemenhub untuk Kembali Terbangkan Boeing 737-Max". merdeka.com (en inglés). Consultado o 2020-12-22. 
  7. "Garuda Phasing Out CRJ1000". airliners.net. Airliners.net. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  8. "Garuda Indonesia Akan Operasikan 4 Pesawat Khusus Cargo - Bisnis.com". m.bisnis.com. Consultado o 2020-12-22. 
  9. "Garuda Indonesia to lease two B737-800 freighters from GECAS". Ch–Aviation. 18 de outubro de 2019. 
  10. "Garuda Indonesia". web.archive.org. 2013-05-20. Archived from the original on 20 de maio de 2013. Consultado o 2020-12-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]