Boeing 737 MAX
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Boeing 737 MAX | |
---|---|
Tipo | avión de pasaxeiros de fuselaxe estreita |
Fabricante | Boeing |
Primeiro voo | 29 de xaneiro de 2016 |
Introducido | maio de 2017 (a Norwegian Norwegian Air Shuttle)[1] |
Estado | en desenvolvemento |
Produción | 2014 - presente |
Unidades construídas | 4 prototipos |
O Boeing 737 MAX é un avión de pasaxeiros de fuselaxe estreita desenvolvido por Boeing Commercial Airplanes como sucesor da serie Boeing 737 Next Generation. O 737 MAX é a cuarta xeración da familia 737, sendo o principal cambio o uso de máis grandes e eficientes motores CFM International LEAP-1B, winglets de tipo split-tip, e modificacións da fuselaxe. Cara novembro de 2016 Boeing tiña 3.346 pedidos en firme para o modelo.[2] O 737 MAX voou por vez primeira o 29 de xaneiro de 2016, case 49 anos despois do primeiro voo do 737 o 9 de abril de 1967.[3] A primeira entrega agárdase para maio de 2017 ao seu cliente de lanzamento Norwegian Air Shuttle.[1]
Variantes[editar | editar a fonte]
- 737 MAX 7 – substituto para o 737-700 e 737-700ER.
- 737 MAX 8 – substituto para o 737-800; ten unha fuselaxe máis longa que o -700/MAX 7.
- 737 MAX 200 – unha versión do 737 MAX 8 que incorpora unha porta de saída no medio.
- 737 MAX 9 – substituto para o 737-900/-900ER; ten unha fuselaxe máis longa que o -800/MAX 8.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Flightglobal (ed.). "A320neo and 737 Max market outlook". Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ Boeing (ed.). "Lista de pedidos do 737". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ The Seattle Times (ed.). "Boeing’s 737 MAX takes wing with new engines, high hopes". Consultado o 9 de decembro de 2016.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boeing 737 MAX ![]() |
![]() |
Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |