A aeroliña pertenceu na súa totalidade ao goberno de Kenya ata abril de 1995 e foi privatizada en 1996, converténdose na primeira aeroliña nacional africana en facelo con éxito. No presente Kenya Airways é unha sociedade público-privada. O seu maior accionista é o goberno de Kenya, cun 29,8% das accións, seguido de KLM, que ten un 26,73% da compañía.
Kenya Airways está considerada un dos operadores subsaharianos líderes; en xaneiro de 2013 foi a cuarta aeroliña africana por capacidade de asentos, tras South African Airways, Ethiopian Airlines e EgyptAir.[1] A aeroliña converteuse en membro da alianza SkyTeam en xuño de 2010 e é tamén membro da Asociación de Aeroliñas Africanas sende 1977. African Airlines Association since 1977.[2]
En novembro de 2021, asinouse nun marco de colaboración estratéxica (SPF), durante unha cerimonia en presenza do presidente surafricano Cyril Ramaphosa e do presidente de Kenya, Uhuru Kenyatta. Kenya Airways e South African Airways agora traballarán xuntos para "aumentar o tráfico de pasaxeiros, as oportunidades de carga e o comercio en xeral aproveitando os puntos fortes de Suráfrica, Kenya e África", explica un comunicado.