Saltar ao contido

Convair 990 Coronado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Convair 990 Coronado
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Configuración da á
Implicados
 Desenvolvedor/a
Convair (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fabricante
Convair (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
7 de xaneiro de 1962 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
1987 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
24 de xaneiro de 1961 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Total producido
   37 Editar o valor en Wikidata
 Altura
   12,04 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   42,59 m Editar o valor en Wikidata
 Autonomía
   5.785 km Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
   36,58 m Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O Convair 990 Coronado é un reactor de pasaxeiros cuadrimotor de fuselaxe estreita producido pola compañía estadounidense Convair, unha división de General Dynamics. Trátase dunha versión alongada do Convair 880 producido en resposta a un requirimento da aeroliña American Airlines. O 990 tiña 3 metros máis que o 880, incrementando o número de pasaxeiros de entre 88 e 110 ata os 96-121 no 990, dependendo da configuración. Aínda así estaba por debaixo da capacidade de modelos contemporáneos como o Boeing 707 (110 a 189) ou o Douglas DC-8 (105 a 173), sendo de 40 a 56 km/h máis rápido a velocidade de cruceiro.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

American Airlines solicitou a Convair deseñar un avión para voos de costa a costa, capaz de realizar servizos sen escalas entre Nova York e Os Ánxeles co vento en cara. A aeroliña quería un avión algo máis grande que o Convair 880, que era o máis pequeno da primeira xeración de reactores de pasaxeiros estadounidenses. O 990 realizou o seu voo de estrea o 24 de xaneiro de 1961.[1]

Un cambio do 880 foron os grandes corpos antichoque no bordo de saída superior das ás para incrementar o Mach crítico e reducir a resistencia transónica. Os corpos interiores, que eran máis grandes, tamén se usaron como depósitos extra de combustible. Posteriormente durante o proceso de deseño Convair modificounos para incluír combustible tamén nos exteriores, pero durante as probas de voo iniciais o peso extra causaba que os motores exteriores oscilasen baixo determinadas condicións. As cápsulas redeseñáronse novamente e acurtáronse 71 cm, causando que aumentase a resistencia. As cápsulas interiores tamén se usaban para verter combustible no caso de necesidade.[1]

Os motores tamén cambiaron e instaláronse os mellorados General Electric CJ-805-23, que eran únicos porque tiñan un ventilador na súa parte traseira, en comparación co ventilador da parte dianteira do Pratt & Whitney JT3D que impulsaba aos seus competidores. O motor era unha versión civil simplificada do J79, usado en cazas militares. Ao igual que a meirande parte das versións do J79, os CJ805 e CJ805-23 fumegaban moito, polo que a aeroliña española Spantax modificou os seus 990 con cámaras de combustión sen fume nos anos 70.

Ao igual que o 880, o 990 incorporaba unha "pista de rodaxe" dorsal na parte superior da fuselaxe que albergaba dúas antenas ADF e unha UHF.[2]

  1. 1 2 Proctor, Jon, 1942- (1996). Convair 880 & 990 (1st ed ed.). Miami, Fla.: World Transport Press, Inc. ISBN 0-9626730-4-8. OCLC 35671498.
  2. Convair Jet Airliners. San Diego: General Dynamics: Customer Service Dept. Decembro de 1961. p. 203