Saltar ao contido

Northwest Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Northwest Airlines
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Nome oficial
Northwest Airways Inc. (en)
Northwest Airlines (en) Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Director/a executivo/a
Douglas Steenland (en) Traducir 2004 - valor descoñecido
Richard H. Anderson (en) Traducir 2001 - 2004
John Dasburg (en) Traducir 1990 - 2001 Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
1926 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2010 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
24 de xuño de 19291929 Northwest Airways crash (en) Traducir
13 de xaneiro de 1939Northwest Airlines Flight 1 (en) Traducir
29 de agosto de 1948Northwest Airlines Flight 421 (en) Traducir
16 de agosto de 1987Voo 255 de Northwest Airlines
3 de decembro de 1990Wayne County Airport runway collision (en) Traducir
9 de outubro de 2002Voo Northwest Airlines 85 (pt) Traducir
21 de outubro de 2009Voo Northwest Airlines 188 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
Localización
 Sede
Eagan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/012lxn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Northwest Airlines Corp., normalmente abreviado como NWA, foi unha gran aeroliña estadounidense fundada en 1926 e absorbida por Delta Air Lines tras unha fusión. Aprobada o 29 de outubro de 2008, a fusión converteu a Delta na aeroliña máis grande do mundo ata a unión American Airlines e US Airways o 9 de decembro de 2013.[1][2] Northwest continuou operando co seu nome ata que a integración das aeroliñas foi completada o 31 de xaneiro de 2010.

Northwest tiña a súa sede en Eagan, Minnesota, preto do aeroporto de Minneapolis/Saint Paul. Despois da segunda guerra mundial fíxose dominante no mercado transpacífico cun centro de conexións en Tokyo (inicialmente no aeroporto de Haneda e posteriormente no de Narita). Despois de mercar Republic Airlines en 1986, Northwest tamén estableceu grandes centros de conexións no aeroporto de Detroit e no aeroporto de Memphis. En 1993 iniciou unha alianza estratéxica con KLM coa que tiña un centro de conexións coordinado conxuntamente no aeroporto de Ámsterdam. As operacións de Detroit e Minneapolis quedaron como centros de conexións de Delta. Porén, as operacións de Memphis chegaron a máis de 300 por día antes da fusión.

Antes de unirse a Delta, Northwest era a sexta aeroliña máis grande do mundo en termos de millas voadas en voos regulares de pasaxeiros domésticos e internacionais, e a sexta máis grande dos Estados Unidos en millas por pasaxeiro en voos domésticos. Ademais de operar unha das redes domésticas máis grandes dos Estados Unidos, Northwest levaba a máis pasaxeiros a través do océano Pacífico (5,1 millóns en 2004) que calquera outra aeroliña estadounidense, e levou máis carga doméstica que outra aeroliña de pasaxeiros do país.

Os voos rexionais para Northwest eran operados co nome Northwest Airlink por Mesaba Airlines, Pinnacle Airlines e Compass Airlines. Northwest Airlines tiá unha parte minoritaria de Midwest Airlines, mantendo o 40% das accións da compañía.[3]

  1. Northwest Airlines (ed.). "Carta de Northwest Airlines". Archived from the original on 17 de abril de 2008. Consultado o 28 de novembro de 2018.
  2. The Wall Street Journal (ed.). "American Airlines, US Airways Complete Merger". Consultado o 28 de novembro de 2018.
  3. "Midwest Air Group Board Executes Definitive Merger Agreement With TPG Capital". Midwest Airlines. Archived from the original on 20 de decembro de 2008. Consultado o 2018-11-28.