Saltar ao contido

Consolidated PBY Catalina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Consolidated PBY Catalina
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Alcume
Catalina Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Deseñador/a
 Desenvolvedor/a
Características
 Total producido
3305 Editar o valor en Wikidata
 Autonomía
4030 km Editar o valor en Wikidata
 Impulsado por
 Velocidade de cruceiro
201 Editar o valor en Wikidata
 Configuración da á
 Identificador militar
Tp 47 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura6,15 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude19,46 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura31,7 m Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional4.000 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
1936 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
1957 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
28 de marzo de 1935 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/01qt7l Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Consolidated PBY Catalina, tamén coñecido como Canso, foi un hidroavión estadounidense, e posteriormente un avión anfibio dos anos 30 e 40 producido por Consolidated Aircraft. Foi un dos hidroavións máis amplamente utilizados durante a segunda guerra mundial. Os Catalinas serviron en todos os corpos das forzas armadas dos Estados Unidos e nas forzas aéreas e armadas de moitas outras nacións.

Durante a segunda guerra mundial os PBYs foron usados en guerra anti-submarina, como bombardeiros de patrulla, escoltas de convois, busca e rescate, e transportes de carga. O PBY foi o avión do seu tipo máis numeroso e os últimos serían retirados do servizo militar nos anos 80. No ano 2014, case 80 anos despois do seu primeiro voo, o modelo continuaba voando como avión antiincendios por todo o mundo.