Garuda Indonesia
| Garuda Indonesia | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
Garuda Indonesia é a aeroliña nacional de Indonesia. Chamada así por Garuda, paxaro sagrado do hinduísmo e símbolo nacional do país, a compañía ten a súa sede no aeroporto Internacional Soekarno-Hatta en Tangerang, preto de Iacarta. A aeroliña anteriormente era coñecida como Garuda Indonesian Airways.
Fundada en 1947 como KLM Interinsulair Bedrijf, a aeroliña e nestes momentos unha das principais do mundo e é o membro número 20 da alianza global de aeroliñas SkyTeam. Realiza voos regulares a un gran número de destinos no Sueste Asiático, Asia Oriental, Australia e Europa dende o seu principal centro de conexións no aeroporto Internacional Soekarno-Hatta de Iacarta, ademais de realizar servizos a Australia e Asia dende o aeroporto Internacional Ngurah Rai de Balí e un gran número de voos domésticos dende o aeroporto internacional Sultan Hasanuddin en Makassar e o aeroporto Internacional Kuala Namu en Medan.
No seu pico de actividade dende finais dos 80 ata mediado dos 90 Garuda operaba unha extensa rede de voos por todo o mundo, con servizos regulares a Os Ánxeles, París, Roma, Fukuoka, Adelaide e outras cidades en Europa, Australia e Asia.[1] A finais dos 90 e principios dos 2000, unha serie de dificultades económicas e operacionais golpearon duro á aeroliña, incluíndo a morte nun voo dun activista polos dereitos humanos a mans de persoal da compañía,[2] facendo que se reducisen drasticamente os seus servizos. No ano 2009 a aeroliña iniciou un plan de modernización de cinco anos coñecido como Quantum Leap, o cal revisou a marca, a librea, o logo e os uniformes, ademais de mercar avións máis novos ter instalacións máis modernas, renovando o enfoque ara mercados internacionais.
Frota
[editar | editar a fonte]Actual
[editar | editar a fonte]En decembro de 2020 a frota de Garuda Indonesia estaba formada polos seguintes avións:[3]
| Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| F | B | E | Total | ||||
| Airbus A330-200 | 7 | — | — | 36 | 186 | 222 | |
| Airbus A330-300 | 17 | — | — | 36 | 215 | 251 | |
| 24 | 263 | 287 | |||||
| — | 360 | 360 | |||||
| Airbus A330-900neo | 3 | 11[4] | — | 24 | 277 | 301 | |
| ATR 72-600 | 13 | — | — | — | 70 | 70 | Operando baixo a submarca Explore. Van ser transferidos a Citilink.[5] |
| Boeing 737-800 | 73 | — | — | 12 | 150 | 162 | |
| 162 | 174 | ||||||
| Boeing 737 MAX 8 | 1 | 49[6] | — | 8 | 162 | 170 | |
| Boeing 777-300ER | 10 | — | 8 | 38 | 268 | 314 | |
| — | 26 | 367 | 393 | ||||
| Bombardier CRJ1000 | 18 | — | — | 12 | 84 | 96 | Operando baixo a submarca Explore Jet. Van ser retirados.[7] |
| Frota de carga de Garuda Indonesia | |||||||
| Airbus A330-200F | — | 1 | Carga | Vai ser convertido a partir dun avión de pasaxeiros.[8] | |||
| Boeing 737-500F | 2 | — | Carga | Convertidos a partir de avións de pasaxeiros. | |||
| Boeing 737-800BCF | — | 2 | Carga | Entregas a partir de 2020. Alugados a GECAS.[9] | |||
| Total | 144 | 63 | |||||
Histórica
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Routes Online (ed.). "1995/96: Garuda Indonesia International Network". Consultado o 3 de decembro de 2016.
- ↑ Spaeth, Anthony (6 de decembro de 2004). "Death in Flight 974: Who was responsible for the poisoning of one of Indonesia's bravest human rights advocates?". Time.
- ↑ "Garuda Indonesia Fleet Details and History – Planespotters.net Just Aviation". Planespotters.net. Consultado o 22 de decembro de 2020.
- ↑ "Garuda Indonesia to receive 14 A330neo". Airbus. Consultado o 22 de decembro de 2020.
- ↑ "Garuda Indonesia Alihkan 2 Unit Pesawat ke Citilink - Market Bisnis.com" (en indonesio). 1 de febreiro de 2019. Consultado o 22 de decembro de 2020.
- ↑ "Garuda Indonesia Tunggu Izin Kemenhub untuk Kembali Terbangkan Boeing 737-Max". merdeka.com (en inglés). Consultado o 2020-12-22.
- ↑ "Garuda Phasing Out CRJ1000". airliners.net. Airliners.net. Consultado o 22 de decembro de 2020.
- ↑ "Garuda Indonesia Akan Operasikan 4 Pesawat Khusus Cargo - Bisnis.com". m.bisnis.com. Consultado o 2020-12-22.
- ↑ "Garuda Indonesia to lease two B737-800 freighters from GECAS". Ch–Aviation. 18 de outubro de 2019.
- ↑ "Garuda Indonesia". web.archive.org. 2013-05-20. Archived from the original on 20 de maio de 2013. Consultado o 2020-12-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Garuda Indonesia |
| A Galipedia ten un portal sobre: Indonesia |
