ATR 72

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ATR 72
ATR 72-500 TAROM (YR-ATI)-1.JPG
ATR 72 de TAROM
Tipo avión rexional
Fabricante ATR
Primeiro voo 27 de outubro de 1988
Introducido 27 de outubro de 1989
Produción 1988 - actualidade
Construídos 611

O ATR 72 é un avión rexional de curto alcance con dous motores turbohélice construído polo fabricante francés ATR. Trátase dunha variante alongada do ATR 42 e pode levar 78 pasaxeiros nunha única clase.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O ATR 72 desenvolveuse a partir do ATR 42 co obxectivo de icrementar a capacidade de asentos (de 48 a 78) alongando a fuselaxe 4,5, aumentando a envergadura, engadindo motores máis potentes e incrementando a capacidade de combustible un 10%. O ATR 72 foi anunciado en 1986, e realizou o seu primeiro voo o 27 de outubro de 1988. Xusto un ano despois, o 27 de outubro de 1989, Finnair converteuse na primeira aeroliña e poñer o avión en servizo. Dende entón fabricáronse 611 ATR 72.