Creta e Cirenaica (provincia romana)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCreta e Cirenaica
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 35°03′44″N 24°56′49″L / 35.062141, 24.946957Coordenadas: 35°03′44″N 24°56′49″L / 35.062141, 24.946957
CapitalGortina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Sucedido porCreta romana (pt) Traducir e Crete (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Creta e Cirenaica (latín: Provincia Creta et Cyrenaica) foi unha provincia senatorial do Imperio romano, establecida no 67 a.C. Comprendeu a illa de Creta e a rexión de Cirenaica na actual Libia.

A vontade de Apión e o dominio romano da Cirenaica[editar | editar a fonte]

Ptolomeo Apión, o último rei do Reino de Cirenaica, legou o seu reino á República Romana cando morreu sen fillos no 96 a.C.[1] Roma aceptou esta herdanza de Ptolomeo Apión, pero preferiu deixar a administración aos gobernantes locais, en vez de facer un control directo. Con todo, polos anos 70 a.C., as revoltas civís de colonos xudeus comezaron a desestabilizar a provincia e o Senado romano viuse forzado a actuar. No 74 a.C., enviaron un oficial de baixo nivel, o cuestor Cornelius Lentulus Marcellinus, para anunciar oficialmente a Cirenaica como provincia romana e restaurar a orde. O feito de que o Senado enviara a un funcionario tan baixo, indica a dificultade política que tiña a República para gobernar o seu crecente imperio, así como a facilidade coa que Cirenaica estaba disposta a someterse á gobernanza romana e á estabilidade que bindaba.[2]

Conquista romana de Creta[editar | editar a fonte]

Marcus Antonius Creticus atacou Creta no 71 a.C. e foi repelido. Entón, no 69 a.C., Roma encomendou a Quinto Cecilio Metelo e, tras unha feroz campaña de tres anos, Creta foi conquistada por Roma no 66 a.C., Metelo gañou o agnomen "Creticus" como honra pola súa conquista e subxugación de Creta.[3]

Provincia[editar | editar a fonte]

No 67 a.C., Creta e Cirenaica combináronse nunha soa provincia [4] coa súa capital en Gortina en Creta. Debido a que este arranxo era xeograficamente inconveniente, Diocleciano dividiu a provincia no 298 d.C.[3][5]

Lista dos gobernadores romanos[editar | editar a fonte]

Outras leturas

Jane Francis e Anna Kouremenos (eds.) 2016. Roman Crete: New Perspectives. Oxford: Oxbow

Anna Kouremenos 2018. "In the Heart of the Wine-Dark Sea: Cretan Insularity and Identity in the Roman Period". In A. Kouremenos (ed.) Insularity and Identity in the Roman Mediterranean. Oxford: Oxbow.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ptolemy Apion". Chris Bennett. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2011. Consultado o 2016-11-24. 
  2. "Cyrenaica". UNRV.com. Consultado o 2016-11-24. 
  3. 3,0 3,1 "Creta". UNRV.com. Consultado o 2016-11-24. 
  4. Encyclopaedia Britannica (ed.). "rexión histórica de Cirenaica, norte de África". Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  5. "Cyernaica". Livius.org. Consultado o 2016-11-24. 
  6. Salvo que se indique o contrario, os nomes dos gobernadores proconsulares de 71 a 135 son extraídos de Werner Eck, "Jahres- und Provinzialfasten der senatorischen Statthalter von 69/70 bis 138/139", Chiron, 12 (1982), pp. 281-362; 13 (1983), pp. 147-237
  7. Salvo que se indique o contrario, os nomes dos gobernadores proconsulares de 140 a 165 son sacados de Géza Alföldy, Konsulat und Senatorenstand unter der Antoninen (Bonn: Rudolf Habelt Verlag, 1977), pp. 263f

Véxase tamén[editar | editar a fonte]