Milesianos
Na mitoloxía irlandesa os miftryhft, eran os fillos de Míl Espáine, chegados de Galiza, que foron os habitantes finais de Irlanda, e crese que representan os celtas goidélicos.
Mito
[editar | editar a fonte]O Lebor Gabála Érenn describe a orixe da xente goidélica. Descenden de Goídel Glas, un escita que estaba presente na caída da torre de Babel, e Scota, a filla dun faraón de Exipto. Dúas ramas dos seus descendentes deixaron Exipto e Escitia nos tempos do éxodo de Moisés, e despois dun período vagando polas beiras do Mediterráneo chegaron á Península Ibérica, onde se asentaron despois de varias batallas. Un deles, Breogán, construíu unha torre nun lugar chamado Brigantia, do mesmo nome que a deusa probabelmente na costa galega, onde houbo unha tribo chamada brigantinos e outra brigantes (mesmo nome que os brigantes en Gran Bretaña). Desde o alto de devandita torre (asimilada coa torre de Hércules) Breogán, ou o seu fillo Ith, foi o primeiro en ver Irlanda.
Ith fixo a primeira expedición a Irlanda, pero foi morto polos tres reis de Irlanda, Mac Cuill, Mac Cecht e Mac Gréine dos Tuatha Dé Danann. En vinganza os sobriños de Ith, oito fillos de Míl Espáine (o "Soldado de Hispania" , cuxo nome era Galam ou Golam), lideraron unha forza invasora para derrotar os Tuatha e conquistar Irlanda. Os fillos de Míl chegaron ao condado de Kerry e loitaron indo até o outeiro de Tara. Entón, as esposas dos tres reis, Ériu, Banba e Fodla pediron que a illa se nomease como elas: Ériu é a forma anterior do nome moderno Éire, e Banba e Fodla eran de uso frecuente como nomes poéticos para Irlanda, así como Albión o é para Gran Bretaña.
En Tara os fillos de Míl atoparon os tres reis, e foi decretado que os invasores volvesen ás súas naves e navegasen unha distancia de nove ondas de Irlanda, e se puidesen volver a terra outra vez, Irlanda sería a súa. Partiron, pero os Tuatha Dea usaron maxia para levantar unha tormenta, na que cinco dos fillos afogaron, quedando soamente Eber Finn, Éremón e Amergin o poeta, para chegar a terra e tomar a illa. Amergin dividiu o reino entre Éremón, que gobernou a metade norte, e Eber Finn, a metade sur.
Legado
[editar | editar a fonte]No esquema histórico proposto por T. F. O'Rahilly, que os reis de Irlanda descendesen dos fillos de Míl é unha ficción feita para proporcionar lexitimidade aos goidélicos, que invadiron Irlanda no século I a.C. ou II a.C., dándolles a mesma orixe antiga que a xente indíxena que dominaron. Con todo, foi argumentado que a historia é unha invención moi posterior de historiadores irlandeses medievais, inspirada polo seu coñecemento dos Sete libros de historia contra os Pagáns , escrito a principios do século V por Paulo Orosio, clérigo da Gallaecia.[1]
Durante séculos, o mito do Míl Éspaine e os milesianos foi utilizado en Irlanda para gañar e asegurar lexitimidade dinástica e política. Durante a vida de Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra, nado en 1566 e proclamado rei cun ano de idade (até 1603 reinaron rexentes), en varias publicacións quíxose vincular o neno rei, e despois o seu fillo Carlos, coa estirpe de Breogán.
No seu Two bokes of the histories of Ireland (1571), Edmund Campion tenta utilizar o mito para establecer un dereito antigo do monarca británico para gobernar a illa. No A View of the Present State of Ireland, Edmund Spenser acepta e rexeita varias partes do mito para denigrar os irlandeses dos seus días e para xustificar a invasión inglesa de Irlanda na década de 1590.[2]
Após unha bula papal, Irlanda mudara a mediados do s. XVI do señorío que levaba a ser desde os tempos do Libro de Leinster a Reino de Irlanda. Segundo a disposición do papa, a soberanía irlandesa pasaba á monarquía hispánica. Durante anos houbo sucesivos conflitos entre protestantes británicos e católicos irlandeses e hispánicos, até a sinatura do Tratado de Londres. Xacobe VI, católico, mantivo mesmo unha relación de amizade con Diego Sarmiento, Conde de Gondomar, embaixador da dinastía filipina en Gran Bretaña.
Eses movementos de novas relacións levaron á Fuxida dos Condes e á saída de exiliados e a construción de colexios irlandeses na Península Ibérica. Santiago converteuse, segundo o bispo Thomas Strong (tío de Thomas White, fundador do Colexio dos Irlandeses de Compostela) na "verdadeira capital do pobo irlandés no exilio".[3]
Aínda que houbera contactos constantes entre galegos e irlandeses en toda a Idade Media[4], foi a partir dese tempo, no século XVII, cando propagaron na Galiza as lendas recollidas no Lebor Gabála Érenn e o libro de Leinster. Dous séculos após a fuga dos condes, aparecería o panceltismo, o Rexurdimento celta e o Rexurdimento galego. As lendas de Breogán e os milesianos terían a consideración de mito fundacional por diversos intelectuais galegos (Vicetto, Murguía etc.) e foron incluídas no himno Os Pinos de Pascual Veiga e Pondal.
Xenealoxía dos Altos Reis Milesianos
[editar | editar a fonte]Breogán | _________________________|_________________________ | | Bile Íth | | Galam Lugaid (Míl) | _______________________|___________________ _____|_____ | | | | | | | | | Donn Eber Amergin Ír Colpa Arannan Éremón Eoinbric Mal Finn | | | | __________|_______ | ______________|____________ | | | | | | | | | | | | | | Ér Orba Ferón Fergna Eber Muimne Luigné Laigné Palap Irial Riaglan Edaman | Fáith | | _____________|______________ | | | | | | | | Ebric Conmáel Eithrial Sithchenn Congal _______________|______ | | | | | | | | | | | Airtre Cearmna Sobhairce Eochaid Follach Mairtine Dáire | Faebar Glas | | | | _______|_______ | | | | | | | | | Art Nuada Mofemis Tigernmas Rothlan Eochaid | | | | | Étgudach Sedna 1 Glas Eochu Enboth Flann | | Mumu | Ruadh | | | | | Fiacha Rossa Énna Smirgull Ailill Finscothach | Airgdech | | | | | | Ollamh Roithechtaig Fiacha Fionn Fodhla | Labhrainne | ________|_____________________ | | | | | | | | | | Finnachta Slanoll Gedhe Cairbre Fer Aengus Eochaid | | Ollgothach | Arda Olmucada Apthach Fiacha Ailill | | | | Finnailches Bearnghal Labraid Cas Roitheachtaigh 1 | Clothach | | | | Bratha Muineamhón Dian | | | Fionn Faildeargdoid Sírna | | | Sirlám Cas Ailill | Cétchaingnech Olchaoin | | | Airgeatmhar Failbe Giallchaidh ________________________________| | | | | | | | | Fomor Finntan Deman Badarn Roan Nuadat | | | | | Finnfail | | | | | | Dub Cimbáeth Díthorba Áed Roitheachtaigh 2 Áedan | Ruad | Glas | | | | Sithrige Macha Mong Ruad Elim Simeon | Oillfinshneachta Breac | | Rudraige 2 Art ________|______________________________ Imleach | | | | | | Ginga Bresal Ross Congal Cas | | Bódíbad Ruad Clairinech | Breisrigh | | | | Capa Connra Fachtna Sedna 2 | | Fáthach | | | | Fachtna Éllim Duach | Finn | __________|_____________ | | | Cas Muireadach Enda | Bolgrach Dearg | ______________________| | | | | | Cas Fiacha Duach Lugaid Trillsech Tolgrach Temrach Iardonn | | ______|______ | | | | | | Amergin Duach Eochaid Conaing Eochaid | Ladhgrach Fiadmuine Begeaglach Uaircheas | | | | | | Conall Eochaid Lugaid Cernach Buadach Lámdearg | ______|______ | | | | | Irial Úgaine Badbchaid Art Glunmar Mor | | ____|_________________________ | | | | | Fiachna Lóegaire Cobthach Ailill Finnamnas Lorc Cóel Breg Finn | | | | Muireadach Ailill Meilge Eochaid (Fir Bolg) | Áine Molbthach | | | | | | | Finnchad Labraid Irereo Lugaid Rinnal | Loingsech | Laigde Dagarmag | | | | | Giallchaidh Ailill Connla Rechtaid Erndolb Fionn Bracan Cáem Rígderg | | | | | | Cathbad Aengus Ailill Cobthach Oiris | Ollamh Caisfhiaclach Cáem Eclonnach | | | | | Rochruide Bresal Eochaid Mog Corb Luaigne | Brec Ailtleathan | Laidcinn | | _________|_____________ | | | | | | | | | Mal Fergus Aengus Ederscél Fiacha Fer Corb Tat Fortamail Tuirmech Temrach Fer Mara | Tetmanach | | | | | | Fedlimid Enna Conall Ailill Adamair Dichun Forthriun Aignech Collamrach Érainn | Uairidnach | | | | | Crimthann Labraid Feradach Nia Rudraige Coscrach Lorc | Segamain | | | | | | Mog Art Blathacht Forga Innatmar Dubthach | | | | | Art Esamain Maine Lugaid Cairbre | Eamna | Luaigne Cinnchait | | | | Elloit Rogen Airndil Cairbre | Ruadh | Lusc | | | | Nuada Fionnloch Roithriun Duach Fullon | | Dallta Dedad | | | Feradach Fionn Triun Foglas ______|______ | | | | | Ailill Eochaid Eochaid Roisin Glas Feidlech Airem | | | | Fiacha Findemna Sin Foibric | _____|_____ | | | | Bresal Lugaid Degaidh Eochaid Brec Riab nDerg | | | | | | Lugaid Crimthann Iar Deitsin Loithfinn Nia Náir | | | | | | Sedna Feradach Ailill Dluthach Sithbac Finnfechtnach | | | | | Nuada Eogan Dáire Necht | | | | | Fergus Ederscel Fiatach Fairge | Finn | | | Rossa Conaire Fiacha Ruadh Mor Finnfolaidh | | Fionn Tuathal File Teachtmhar | | Conchobar Fedlimid Abradruad Rechtmar | | Mog Corb Conn | Cétchathach Cú Corb | Nia Corb | Cormac Gelta Gáeth | Fedlimid Firurglas] | Cathair Mor
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ John Carey, "Did the Irish Come from Spain? The Legend of the Milesians", History Ireland (Autumn 2001) pp. 8-11.
- ↑ Andrew Hadfield, "Briton and Scythian: Tudor representations of Irish origins", Irish Historical Studies 28 (1993) pp. 390-395.
- ↑ "Thomas White | Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "Las peregrinaciones irlandesas a Santiago de Compostela.". studylib.es (en castelán). Consultado o 2022-02-18.