Etimoloxía dos elementos químicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A etimoloxía dos elementos químicos é en certa medida variable debido a que moitos deles xa se coñecían en tempos dos gregos e dos latinos, e existen algúns cuxo nome se remonta a aquela época. Co establecemento da química coma ciencia e a sistematización da súa investigación, comezaron a bautizarse os elementos para honrar a científicos cos nomes das súas persoas ou cos dos seus lugares de procedencia.

A seguinte listaxe reflicte as devanditas orixes, indicando entre parénteses o número atómico.

Elementos con nomes patrimoniais[editar | editar a fonte]

  • Cobre (29), do latín cuprum.
  • Chumbo (82), do latín plumbum.
  • Estaño (50), do latín stannum
  • Ferro (26), do latín ferrum.
  • Ouro (79), do latín aurum.
  • Prata (47), do latín plattum (prato).[1]
  • Xofre (16), do latín sulphure.[1]

De orixe grega[editar | editar a fonte]

  • Actinio (89), de ακτίς, ακτίνος ("raio luminoso").
  • Argon (18), de αργóν ("inactivo").
  • Ástato (85), de ἄστατος ("inestable").
  • Bario (56), de βαρύς ("pesado").
  • Berilio (4), de βήρυλλος ("berilo").
  • Bromo (35), de βρόμος ("fedor").
  • Cloro (17), de χλωρός ("verde amarelado").
  • Cripton (36), de κρυπτός ("agochado").
  • Cromo (24), de χρῶμα ("cor")
  • Iodo (53), de ἰώδης ("violeta").
  • Lantano (57), de λανθάνειν ("xacer agochado").
  • Litio (3), de λίθος ("pedra").
  • Neon (10), de νέος ("novo").
  • Osmio (76), de ὀσμή ("olor").
  • Rodio, de ῥόδον (rosa), pola súa cor.
  • Talio (81), do grego θαλλός ("gromo verde"), polas liñas verdes do espectro.
  • Tecnecio (43), de τεχνητός ("artificial").
  • Titanio (22), de τιτάν ("Terra").
  • Xenon (54), de ξένος ("estranxeiro").

Nomes compostos de orixe grega[editar | editar a fonte]

  • Antimonio (51), que significa "contrario" (anti) + "á soidade" (monos), pola súa reactividade
  • Hidróxeno (1), que significa "creador" (xeno) + "de auga" (hydros)
  • Nitróxeno (7), que significa "creador" (xeno) + "de nitratros/nitritos" (nitros)
  • osíxeno (8), que significa "creador" (xeno) + "de óxidos" (oxys)
  • Protoactinio (91), que significa "orixe, antecedente" (protos) + "do actinio" (outro elemento)
  • Fósforo (15), de φῶς + -φόρος ("portador de luz").

O didymium (xemelgo) foi separado en dous elementos:

  • Praseodimio (59), que se derivou de πράσιος δίδυμος (xemelgo verde).
  • Neodimio (60), que se derivou de νέος διδύμος (xemelgo novo).

Nomes mitolóxicos[editar | editar a fonte]

  • Helio (2), de Helios, deus grego do Sol.
  • Niobio (41), por Niobe, filla de Tántalo na mitoloxía grega.
  • Promecio (61), por Prometeo, titán da mitoloxía grega.
  • Tántalo (73), por Tántalo, fillo de Zeus na mitoloxía grega.

Nomes de corpos celestes[editar | editar a fonte]

De orixe latina[editar | editar a fonte]

  • Aluminio (13), de alumen ("alume").
  • Arsénico (33), derivado á súa vez do grego ἀρσενικόν, adaptado do siríaco e o persa.
  • Calcio (20), de calx ("cal").
  • Cadmio (48), do latín cadmia, derivado do grego καδμεία, nome dun mineral.
  • Cesio (55), de caesius ("azul celeste").
  • Flúor (9), de fluor ("regato").
  • Indio (49), pola súa cor azul (índigo).
  • Iridio (77), do latín iris ("arco da vella").
  • Radio (88), de radius ("raio").
  • Rubidio (37), de rubidus ("rubio").
  • Silicio (14), de silex, -icis ("sílex").
  • Telurio (52), do latín tellus ("Terra").

En honor a persoas[editar | editar a fonte]

Derivados dun nome de lugar[editar | editar a fonte]

A partir da localidade sueca de Ytterby nomeouse o itrio (39), o terbio(65), o erbio (68) e o iterbio (70).

Outras orixes[editar | editar a fonte]

  • Bismuto (83), do latín moderno bisemutum, que procede do alemán Wismuth ("masa branca").
  • Boro (5), do persa بوره (burah) ("bórax").
  • Carbono (6), do francés charbonne ("carbón").
  • Cinc (30), do alemán Zink.
  • Circonio (40), do árabe زركون (zarkûn) ("semellante ao ouro").
  • Cobalto (27), do alemán Kobold ("espírito do mal").
  • Níquel (28), do sueco Kopparnickel ("rocha de cor do cobre").
  • Platino (78), do castelán platina ("prata pequena").
  • Potasio (19), do inglés potash, mineral de potasio que se obtén nunha pota (pot) a partir das cinzas (ash) de madeira ou follas queimadas.
  • Radon (86), contracción de "emanación do radio".
  • Sodio (11), do inglés soda ("bicarbonato de sodio"). A palabra inglesa soda probablemente derive do italiano (sida) ou do latín medieval (soda).
  • Torio (90), polo deus nórdico Thor.
  • Vanadio (23), de Vanadís, un dos nomes da deusa Freia.

Elementos con nomes provisionais[editar | editar a fonte]

Algúns elementos non teñen aínda nome oficial recoñecido pola IUPAC e manteñen o nome provisional formado a partir do seu número atómico:

  • Ununtrio (113), de un ("un") + un ("un") + tri ("tres" en latín) + -io (terminación habitual nos nomes dos elementos)
  • Ununpentio (115), de un ("un") + un ("un") + penta ("cinco" en grego) + -io (terminación habitual nos nomes dos elementos)
  • Ununseptio (117), de un ("un") + un ("un") + septe(m) ("sete" en latín) + -io (terminación habitual nos nomes dos elementos)
  • Ununoctio (118), de un ("un") + un ("un") + octo ("oito" en latín) + -io (terminación habitual nos nomes dos elementos)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Dicionario Xerais da Lingua

Véxase tamén[editar | editar a fonte]