Alume
Alume é o nome xenérico dunha clase importante de compostos químicos -os sulfatos duplos dodecahidratados— formados polo sulfato dun metal trivalente, especialmente o aluminio (pero tamén cromo ou ferro, ou amonio), e outro dun metal monovalente (sodio, potasio ou prata),[1] de fórmula xeral AB(SO4)2·12H2O.
Xeralmente o termo alume refírese ao alume potásico, KAl(SO4)2·12H2O, ou ao seu equivalente natural, a pedra alume.[1]
Unha característica destacábel dos alumes é que son equimoleculares, porque por cada molécula de sulfato trivalente hai unha molécula de sulfato do outro metal, e cristalizan hidratados con doce moléculas de auga.[2][3]
O alume potásico é un adstrinxente, e antiséptico. Os antigos gregos e romanos xa o empregaban como adstrinxente e fixador para as tinguiduras.[4][5]
A pedra alume tamén se usa, despois de humedecida, como coagulante en pequenas feridas.[6] Ademais, o alume úsase na composición de desodorizantes, xa que as súas propiedades antisépticas eliminan as bacterias que causan mal cheiro, e permiten unha transpiración inodora.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alume.
- ↑ Austin, George T. (1984). Shreve's Chemical process industries. (5th ed.). New York: McGraw-Hill. p. 357. ISBN 978-0-0705-7147-1.
- ↑ Alum Group en mindat.org (en inglés).
- ↑ Plinio o Vello (77): "Alumen et plura sunt; Triginta et octo remedium" (Alume, e as súas varias variedades; Trinta e oito remedios), en Naturalis Historia, cap. 52.
- ↑ Dioscórides (70): De Materia Medica. Libro 5, capítulo 123.
- ↑ Arup K. Sengupta (1997): Selective Alum Recovery from Water Treatment Residuals. Denver, Colorado: American Water Works Association. ISBN 978-0-8986-7899-4, p. 48.
- ↑ "Alhydrogel | Alum vaccine adjuvant for research | InvivoGen". www.invivogen.com. Consultado o 2018-06-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alume |