Os doce traballos de Heracles: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 27: Liña 27:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Doce traballos de Hércules, Os}}
{{ORDENAR:Doce traballos de Hércules, Os}}
[[Categoría:Heroes da mitoloxía grega]]
[[Categoría:Heracles]]

Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2021 ás 23:18

Antonio Pollaiuolo: Hércules e a Hidra, 1475. Galleria degli Uffizi, Florencia.

Heracles (máis coñecido polo seu nome romano Hércules) é o nome dun heroe mitolóxico grego. O seu pai era Zeus quen, abraiado pola beleza de Alcmena, a muller de Anfitrión de Tebas, adquiriu a forma do seu esposo para enganala. Froito desa relación naceu Heracles.

A súa forza física sería a a súa característica física máis prezada, demostrada xa desde pequeno ao afogar dúas serpes no berce. Cando acadou a idade adulta matou ao León de Citerón.

Venceu aos minios que gravaban aos tebanos cun pesado tributo, o que lle asegurou a simpatía dos seus veciños, quen lle ofreceron como recompensa a princesa Mégara coa que casou. Cando a princesa lle deu tres fillos, Hera, a esposa de Zeus que non esquecía ningunha ofensa, volveuno tolo temporalmente. Heracles, entón, matou a súa muller e fillos coas súas propias mans. Coa dor por estes asasinatos acudiu ao seu primo Euristeo quen lle encargou os doce traballos como penitencia.

Os doce traballos de Heracles (ou) Hércules

Estes doce traballos eran teoricamente fazañas imposibles de realizar e nas que tamén se buscaba que o esforzado heroe encontrara a morte. Porén, vemos como foi capaz de executalas todas:

  1. Matou o león de Nemea, cuxa pel pasou a ser parte da indumentaria do heroe.
  2. Acabou coa Hidra de Lerna, monstro de múltiples cabezas que continuamente se rexeneraban.
  3. Capturou ao porco bravo de Erimanto.
  4. Capturou a cerva de Cerinia, moi veloz e que nunca cansaba.
  5. Acabou coas aves do lago Estinfalo, cuxas plumas eran frechas de bronce.
  6. Limpou as cortes do rei Auxias.
  7. Cazou o touro de Creta.
  8. Domou as eguas de Diomedes, perigosas eguas antropófagas.
  9. Conseguiu o cinto da raíña Hipólita, das Amazonas.
  10. Matou a Xerión e arrebatoulle o gando.
  11. Atou o can Cérbero nos dominios subterráneos do inferno.
  12. Colleitou as Mazás de ouro do xardín das Hespérides.