Mario Chalmers: Diferenzas entre revisións
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0 |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Xogador |
{{Xogador FIBA |
||
| nome = <big>Mario Chalmers</big> |
| nome = <big>Mario Chalmers</big> |
||
| imaxe = Chalmers Wizards.jpg |
| imaxe = Chalmers Wizards.jpg |
||
Liña 6: | Liña 6: | ||
| altura = 1,88 [[metro|m]] <small>(6 [[Pé (medida)|ft]] 2 [[polgada|in]])</small> |
| altura = 1,88 [[metro|m]] <small>(6 [[Pé (medida)|ft]] 2 [[polgada|in]])</small> |
||
| peso = 86 [[kg]] <small>(190 lb)</small> |
| peso = 86 [[kg]] <small>(190 lb)</small> |
||
| equipo = |
| equipo = AEK B.C. |
||
| |
| equipo2 = AEK Atenas |
||
| liga = [[ |
| liga = [[A1 Ethniki]] |
||
| número = |
| número = |
||
| nacionalidade = {{ |
| nacionalidade = {{USA}} |
||
| nacemento = [[19 de maio]] de [[1986]] <small>{{idade|19|5|1986}}</small> |
| nacemento = [[19 de maio]] de [[1986]] <small>{{idade|19|5|1986}}</small> |
||
| lugar = [[Ficheiro:Flag of Alaska.svg|border|20px|Alaska]] [[Anchorage]] ([[Alasca]]) |
| lugar = [[Ficheiro:Flag of Alaska.svg|border|20px|Alaska]] [[Anchorage]] ([[Alasca]]) |
||
Liña 20: | Liña 20: | ||
| eleccióndraft = 34 |
| eleccióndraft = 34 |
||
| career_start = dende [[2008]] |
| career_start = dende [[2008]] |
||
| antigos_equipos = [[Miami Heat]] (2008−2015)<br>[[Memphis Grizzlies]] (2015−2016) |
| antigos_equipos = [[Miami Heat]] (2008−2015)<br>[[Memphis Grizzlies]] (2015−2016, 2017–2018)<br>[[Virtus Bologna]] (2019)<br>[[AEK Atenas BC|AEK Atenas]] (2019−presente) |
||
| premios = 2× [[NBA|Campión da NBA]] <small>([[Tempada 2011-12 da NBA|2012]], [[Tempada 2012-13 da NBA|2013]])</small> |
| premios = 2× [[NBA|Campión da NBA]] <small>([[Tempada 2011-12 da NBA|2012]], [[Tempada 2012-13 da NBA|2013]])</small> |
||
}} |
}} |
||
'''Almario Vernard "Mario" Chalmers''', nado o [[19 de maio]] de [[1986]] en [[Anchorage]] ([[Alasca]]), é un xogador profesional de [[baloncesto]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]]. Mide 1,88 [[metro]]s de altura, e xoga na posición de [[Base (baloncesto)|base]]. Foi campión da [[NCAA]] e elixido Mellor xogador da Final Four en [[2008]], antes de dar o salto á liga profesional. |
'''Almario Vernard "Mario" Chalmers''', nado o [[19 de maio]] de [[1986]] en [[Anchorage]] ([[Alasca]]), é un xogador profesional de [[baloncesto]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] que xoga no [[AEK Atenas BC]] da [[A1 Ethniki]]. Mide 1,88 [[metro]]s de altura, e xoga na posición de [[Base (baloncesto)|base]]. Foi campión da [[NCAA]] e elixido Mellor xogador da Final Four en [[2008]], antes de dar o salto á liga profesional. |
||
== Universidade == |
== Universidade == |
||
Liña 113: | Liña 113: | ||
[[Categoría:Xogadores dos Miami Heat]] |
[[Categoría:Xogadores dos Miami Heat]] |
||
[[Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies]] |
[[Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies]] |
||
[[Categoría:Xogadores do Virtus Bologna]] |
|||
[[Categoría:Xogadores do AEK Atenas BC]] |
Revisión como estaba o 6 de novembro de 2019 ás 13:51
AEK Atenas | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1986 (37 anos) Anchorage (Alasca) |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 86 kg (190 lb) |
Posición | Base |
Liga | A1 Ethniki |
Información da carreira | |
Instituto | Bartlett, Anchorage |
Universidade | Kansas (2005–2008) |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 2 / Elección: 34 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Miami Heat (2008−2015) Memphis Grizzlies (2015−2016, 2017–2018) Virtus Bologna (2019) AEK Atenas (2019−presente) | |
Premios e galardóns | |
2× Campión da NBA (2012, 2013) |
Almario Vernard "Mario" Chalmers, nado o 19 de maio de 1986 en Anchorage (Alasca), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no AEK Atenas BC da A1 Ethniki. Mide 1,88 metros de altura, e xoga na posición de base. Foi campión da NCAA e elixido Mellor xogador da Final Four en 2008, antes de dar o salto á liga profesional.
Universidade
Antes de entrar na universidade, Chalmers estaba considerado coma o mellor base de instituto do ano. Estivo ata o último intre para elixir universidade, dubidando entre Arizona e Kansas, decidíndose por esta última. Comezou a súa tempada de novato no banco, pero pouco a pouco foi facéndose un oco no quinteto titular, aparecendo no mesmo en 21 dos últimos 22 partidos da tempada. Rematou o ano coma segundo máximo anotador do equipo, con 11,5 puntos por partido, e establecendo un récord da Big 12 Conference de maior número de roubos de balón nunha tempada por un freshman, con 89.[1] Foi ademais elixido coma xogador máis destacado do Campionato da Big 12, facendo 16 puntos, 4,3 rebotes e 5,3 asistencias no camiño de Kansas cara o título de conferencia. Recibiu o Premio Clyde Lovellette da Universidade de Kansas xunto con Julian Wright ao xogador máis mellorado da tempada.[2]
Na súa segunda tempada foi titular en 37 dos 38 partidos disputados polo seu equipo. Volveu amosarse coma un gran xogador defensivo, rachando o récord dos Jayhawks de roubos de balón nunha tempada, con 97. Foi incluído no terceiro mellor equipo da Big 12, e no mellor quinteto defensivo. Fixo 12,2 puntos e 3,3 asistencias por partido.
Na súa tempada júnior fixo 12,8 puntos e 4,3 asistencias, segundo neste apartado da súa conferencia. Chegou xunto co seu equipo á Final da NCAA, na que se enfrontaron á Universidade de Memphis, na cal tivo unha gran actuación, conseguindo 18 puntos, 4 roubos de balón, 3 rebotes e 3 asistencias.[3] Foi ademais o autor dunha tripla a falta de 2,1 segundos do final que empataba o partido e o levaba á prórroga, no cal rematarían impoñéndose os Jayhawks aos Tigers por 75-68.[4] Foi elixido Mellor xogador da Final Four da NCAA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 12,2 puntos, 3,8 asistencias e 2,8 rebotes por partido.[5]
Estatísticas
TEMPADA | P | MIN | PTS | REB | ASIS | PER | A/P | ROUB |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005-2006 | 33 | 26.0 | 11.5 | 2.2 | 3.8 | 2.8 | 1.37 | 2.7 |
2006-2007 | 38 | 29.2 | 12.2 | 3.0 | 3.3 | 2.4 | 1.36 | 2.6 |
2007-2008 | 39 | 30.0 | 12.8 | 3.1 | 4.3 | 1.9 | 2.25 | 2.5 |
NBA
Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2008 polos Minnesota Timberwolves, no posto 34º, pero Miami Heat fíxose cos seus dereitos pagando a cambio aos T-Wolves 2 millóns de dólares e dúas futuras segundas roldas do draft. A primeiros de xullo de 2008 asinou o contrato co club de Florida por dúas tempadas, ampliable a unha terceira.[6]
Tempada 2008-09
Chalmers xogou de inicio os 82 partidos da ligar regular no seu ano coma rookie[7] e rematou a tempada con 10.0 puntos, 4.9 asistencias, 2.8 rebotes e 1.95 roubos de balón en 32.0 minutos de xogo.[8] Os seus 1.95 roubos por partido fixéronlle ser o líder de roubos dos rookies, e o cuarto de entre todos os xogadores.
O 5 de novembro de 2008, Chalmers fixo un récord para os Miami Heat ao conseguir 9 roubos no seu cuarto partido na NBA.[9]
Tempada 2009-10
Chalmers xogou todos os partidos ata o 31 de xaneiro contra os Milwaukee Bucks. Foi o primeiro partido que se perdeu nos seus dous anos de carreira. Fixo 7.1 puntos e 3.4 asistencias por partidos. O 31 de xaneiro de 2010, Chalmers lesionouse un ligamento no dedo pulgar do pé.[10] Chalmers volveu ao equipo semanas despois, e xogou o resto de partidos da tempada e dos playoffs.
Tempada 2010-11
O 8 de xullo de 2010, cando LeBron James anunciou que ía xogar nos Miami Heat, Chalmers cambiou o seu número, e escolleu o 15, o número que usaba na Universidade. James fíxose co número 6 que antes tiña Chalmers.[11]
No 5º partidos das Finais da NBA de 2011, Chalmers anotou un tiro dende o mediocampo sobre a bucina do segundo cuarto, para darlle vantaxe a Miami por 31-30,[12] pero os Heat perderían o encontro contra os Dallas Mavericks por 112-103, poñendo así a serie 2-3 favorable a Dallas. Chalmers fixo 15 puntos, 4 rebotes, 2 asistencias e un roubo de balón.[13]
Notas
- ↑ "Mario Chalmers Prospect Profile". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2009. Consultado o 21 de setembro de 2009.
- ↑ "Mario Chalmers Bio". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2008. Consultado o 21 de setembro de 2009.
- ↑ Kansas vs. Memphis - Box Score - April 07, 2008
- ↑ KU - The Shot
- ↑ Ficha de Chalmers en TDR
- ↑ Chalmers signs deal with Heat. Miami rewards KU product with 3-year contract,
- ↑ "Chalmers 'earned' shot at 82 starts". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2009. Consultado o 21 de setembro de 2009.
- ↑ Mario Chalmers Career Stats
- ↑ ESPN "Chalmers gets team-record nine steals in win over Sixers", 6 de novembro de 2008.
- ↑ "Heat's Chambers out indefinitly with thumb injury". NBA.com. 2010-01-31. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-02-01.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14/07/2010. Consultado o 17/05/2011.
- ↑ NBA (9 de xuño de 2011). "Chalmers Insane Half-Court Heave". YouTube. Consultado o 9 de xuño de 2011.
- ↑ "Miami Heat vs. Dallas Mavericks box score". ESPN. Consultado o 9 de xuño de 2011.